Fernando López Juárez


Categoría: Ilustrador
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Obras realizadas

LITERATURA INFANTIL:
‘O anano saltareiro’, Kalandraka editora, (2000), titulo publicado en inglés pola editorial coreana HANSOL (2003); ‘O soño de Ánxela’, Everest Galicia, A Coruña (2000); A leiteira, Kalandraka editora, Pontevedra (2000), publicado en inglés pola editorial coreana HANSOL (2003); ‘Micifú e os seus amigos’, Everest Galicia, A Coruña (2001); ‘Pipo pastor de xoaniñas’, Everest Galicia, A Coruña (2001); ‘O home máis rico do mundo’, Kalandraka editora, Pontevedra (2002), publicado en inglés por HANSOL, Corea (2003), ‘Indo O Samain’, Everest Galicia, A Coruña (2002); ‘Contos de Encantamentos’, Edicións Xerais de Galicia, Vigo (2002) e ‘The land where one never die’, Oxford University Press, Londres (2004).

LITERATURA XUVENIL:
‘Moko’; Bahía Edicións, A Coruña (1999); ‘Brumoso’, Edicións Xerais de Galicia, Vigo (1999); ‘Querido Iván’, Everest Galicia, A Coruña (2001); ‘Crónicas de Pridain’. LLoyd Alexander, Alfaguara, Madrid (2003), cinco portadas para a edición española; ‘Las Tierras Bajas’, Alfaguara, Madrid (2004), ilustración e deseño da portada, tres ilustracións de interior. Ilustrou literatura e libros de texto para as seguintes editoriais: Edebé, Magisterio Casals, Everest, Bahía...

ANIMACIÓN:
Entrou en BREN ENTERTAIMENT / FILMAX en decembro de 2000, participando nos seguintes proxectos: ‘Goomer’, (26X26.2D,3D) serie para TV producida por Filmax e foi axudante de dirección artística durante dous anos; ‘Pinocchio 3K’ (película de animación en 3D), coprodución entre BREN/FILMAX España, CINEGROUPE Canadá, OKIDOKI Francia, realizando deseños adicionais por un período de catro meses; ‘El Cid. The Legend’ (película de animación 2D, 3D), FILMAX Animation, Photoshop artist; ‘Cartoon Forum’ (Cortinilla publicitaria, 1´30´´), todo o deseño e dirección artística; ‘Donkey. Xote’ (film.3D), en proceso. Departamento artístico, concept art, deseños adicionais, estudios de textura, color e iluminación e matte painting.

VARIOS:
-HUMOR GRÁFICO: suplemento semanal do diario La Voz de Galicia, ‘Xatentendo.com’ (A Coruña) durante un ano; ‘Story-board’ para varias campañas publicitarias de IMAXE (A Coruña), curtametraxe escrita e dirixida por Manu Mayo, ‘Toda clase de pieles’, con Federico Luppi.
-CARTELISMO: cartel para a campaña de fomento á lectura para a Xunta de Galicia
-CREADORES DE CONTOS: 2001.

PREMIOS, MENCIÓNS E COLABORACIÓNS:
Mención especial no concurso de ilustración para carteis de promoción da semana do Libro infantil e xuvenil, organizada pola OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil), Madrid (2001).
CLIJ (Cadernos de Literatura Infantil e Xuvenil), Barcelona, nº 119, setembro 99.
AUTORRETRATO, entrevista e ilustracións, boa crítica do álbum "O anano saltareiro’.
‘Children’s books from Galicia’, guía de ilustradores galegos para a Feira Internacional do Libro para o Neno, Bolonia, 1999, 2001 e 2002, publicación da Xunta de Galicia.
Recibiu críticas favorables nas seguintes publicacións: ‘Eidos do Libro’, revista galega nº2, ‘Fada morgana’, revista galega de literatura infantil nº3 e La Voz de Galicia, Suplemento ‘Culturas’, Ano 2, nº56.