Viviu en Cruzul (Becerreá) durante a infancia e xuventude ata que se instalou en Lugo en 1991.
Licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na USC e é profesor de Lingua Galega e Literatura de Ensino Medio.
É tenente de alcalde no Concello de Lugo.
Neste intre é responsable comarcal de Lugo-Centro.
Foi delegado sindical da CIG-Ensino e membro da xunta directiva da Asociación Socio Pedagóxica Galega (AS-PG).
É membro do Consello Nacional do BNG desde o ano 2007.
Realizou traballos de investigación sobre a figura de Fuco Gómez, nado no concello de Becerreá, e que desenvolveu unha importante actividade a prol do nacionalismo e da cultura galega na Habana (Cuba) durante os anos 20 e 30. Publicou varios artigos sobre este asunto no semanario A Nosa Terra e ten participado en varias xornadas sobre este personaxe.