Manuel Garrido Pérez


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: En 1973
Lugar de Nacemento: Freixo - Sarreaus (Ourense)

   Cultura
 Currículum

Manuel Garrido Pérez medrou nun fermoso paraíso natural ó que regresa cada vez que as súas condicións laborais llo permiten. É por isto que continuamente na súa obra atopamos unha clara referencia ás formas naturais. Xa dende moi pequeno amosaba unha clara inclinación polas artes plásticas, gañando diversos premios. Logo, paralelamente ós estudos de Bacharelato que cursou en Xinzo de Limia, asistiu durante dous anos a perfeccionar o debuxo artístico na Escola de Artes e Oficios de Verín co pintor ourensán José Corral Díaz.

 Obras realizadas

No ano 1998 licénciase en Belas Artes pola Facultade de Pontevedra e un ano despois comeza a desenvolve-la súa actividade como profesor de educación plástica no Ensino Secundario ata o día de hoxe. Durante a súa andadura artística, ademais das diversas exposicións tanto individuais como colectivas, preséntase a varios concursos de carteis gañando diversos premios. Paralelamente ó seu proxecto artístico, Lolo dedícase tamén dunha maneira máis artesán a decorar as carautas de ‘peliqueiros’ e ‘cigarróns’ do Antroido da comarca.

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-1992: Casa da Cultura, Sarreaus (Ourense).
-1993: Casa da Cultura, Xinzo de Limia (Ourense).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
-1994: ‘Expresionem Apertam’, Museo Municipal de Ourense.
-1996: Galerie de Wégimont, Bélxica.
-1998: Escola Taller, Silleda (Pontevedra) e ‘Kalkomanías’, Facultade de Belas Artes (Pontevedra).
-1999: ‘Dez Diferencias’, Teatro Principal de Pontevedra e Cafetería ‘Universo’, Pontevedra.
-2002: Murales ‘A terra e o Mar’, baixo a dirección do pintor noiés Alfonso Costa, I.E.S. ‘Virxe do Mar’, Noia (A Coruña).