Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Estudiou na Universidade de Lisboa e actualmente é profesor de ensino secundario en Ourense.
As súas obras publicadas son: As horas de cartón, ed. Xerais, Vigo, 1985; A vida vexetal, Ed. Bahía, A Coruña, 1992 e A casa dos que me amaron (de próxima publicación).
Coa súa primeira obra, As horas de cartón, obtivo o premio Xerais de novela (1985) e o premio da crítica española (1986).