María Julia Melgar Riol


Data de Nacemento: 1957
Lugar de Nacemento: Mayorga (Valladolid)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

- Licenciada en Farmacia (1979) con Premio Extraordinario pola Universidade  Complutense de Madrid.

- Doctora en Farmacia (1986) con Premio Extraordinario pola Universidade de Navarra.

- Especialista en Farmacia Hospitalaria (FIR-80). H. Clínico Universitario de San Carlos (Madrid).

- Diplomada en Sanidad (Madrid, 1983).

- Actualmente é Catedrática de Toxicoloxía dende 2014, no Departamento de Ciencias Forenses, Anatomía Patolóxica, Xinecoloxía e Obstetricia, e Pediatría da Universidade de Santiago de Compostela (Campus Terra, Lugo).

- Iniciou a súa actividade Docente e Investigadora na Universidade de Navarra (1983) e continuou dende 1989 como Profesora Titular da Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo) nas Facultades de Veterinaria e de Ciencias.

- Directora do Máster en Bioética da Universidade de Santiago de Compostela-USC (1995-97)

- Colaboradora no Servizo de Atención Toxicolóxica Veterinaria (SATVe) do Hospital Clínico Veterinario “Rof Codina” dende a súa creación (2001-2009).

- Membro do Sistema Acreditador da Formación Continuada das Profesións Sanitarias de Galicia dende 2001.

– Representante Académica pola USC nos máis de 50 Cursos de Saúde Ambiental realizados por toda a Comunidade Autónoma de Galicia, dende 2003.

- Académica Correspondente na Academia de Farmacia de Galicia dende 2011.

- Coordinadora do Grupo de Investigación da USC: GI-1735, centra a súa liña de investigación, fundamentalmente, en contaminantes medioambientais e as súas repercusións toxicolóxicas. Realizou estancias como investigadora visitante durante varios anos no Institut für Toxikologie da ETH-Universidade de Zürich (Suiza), no INSERM e no INRA en Toulouse (Francia) e noutros centros nacionais.

- Recoñecemento de 6 quinquenios de docencia e 4 sexenios de investigación.

- Vicedecana de Asuntos Económicos e Infraestructuras da Facultade de Veterinaria (2004-2012).

 Obras realizadas

Como investigadora responsable (IP), dirixiu 10 proxectos financiados por institucións públicas e convenios, ademáis de participar como membro noutros equipos de investigación. Autora de máis de 90 publicacións científicas en revistas nacionais e internacionais con elevado impacto en temas de contaminación medioambiental e focalizando a súa repercusión toxicolóxica a través dos alimentos, 28 capítulos de libros, 10 libros e 2 modelos de utilidade aplicados á clínica veterinaria e á ecotoxicoloxía, respectivamente. Asimesmo, interviu en máis de 130 congresos nacionais e internacionais. Participa como evaluadora no Plan Nacional de I+D (CICyT) e de máis de 70 artigos en revistas científicas con alto impacto e como membro do consello editorial da revista internacional Annals of the National Institute of Hygiene. Dirixiu 6 Tesis doctorais e máis de 30 Memorias de Licenciatura. O seu grupo investigador foi merecedor de premios de investigación.

 Outros datos de interese

Participou como membro en comités científicos e organizadores de congresos de ámbito nacional e internacional, e na organización e impartición de numerosos cursos especializados. Foi designada como Consultor técnico na área de Toxicoloxía no Centro de Investigacións en Farmacobioloxía Aplicada (CIFA) da Universidade de Navarra (1988). É membro electo polo Sector Profesores da Comisión Permanente da Facultade de Veterinaria, Presidenta da Comisión de Biblioteca da Facultade de Veterinaria, membro da Comisión Académica do Programa de Doctorado en Medicina e Sanidade Veterinaria de la USC. Foi Coordinadora do “Plan de Desenvolvemento Sostible” da Facultade de Veterinaria (2004-2013), membro Titular nos Representantes do Módulo de Ciencias Clínicas e Sanidade Animal da Comisión de Redacción do Grado de Veterinaria (2008-10), membro representante do Módulo de Formación de Ciencias Clínicas e Sanidade Animal da Comisión do Titulo de Grado en Veterinaria (Decembro 2010-Novembro 2012), membro da Comisión de Avaliación da Sostibilidade da Facultade de Veterinaria mediante a Ferramenta AISHE.2. Participou activamente na preparación das Evaluacións Europeas da Facultade de Veterinaria por parte da Comisión Europea EAEVA con resultado POSITIVO (2002 e 2008). Membro da Asociación Española de Toxicoloxía. É membro da Asociación Española de Farmacéuticos de Hospital, do Grupo de Investigación de Bioética en Galicia (GIB), da Asociación Española de Bioética (AEBI), e vocal e vicepresidenta da Xunta Directiva da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da Universidade de Santiago de Compostela (Alumni-USC).