Xosé Alfredo Seixas Sáinz


Categoría: Debuxante, pintor e ceramista
Data de Nacemento: En 1944
Lugar de Nacemento: Lugo

   Cultura
 Currículum

Realizou estudios de debuxo, pintura e cerámica na Escola de Artes e Oficios de Vigo (Pontevedra). Alí tivo como profesor de modelado ó escultor Camilo Nogueira. Na Escola de Arte Ramón Falcón de Lugo asistiu a cursos de debuxo, pintura e cerámica, obtendo o título de graduado nesta especialidade. Realizou prácticas de grado na Galería Augatinta de Lugo e no ano 2004 foi contratado polo Museo Provincial de Lugo para impartir cursos de cerámica dentro do programa ‘Campamentos de Arqueoloxía’.

 Obras realizadas

Ampliou coñecementos e experiencia participando en certames de pintura rápida no territorio nacional: Tazones, Asturias (2001, 2002, 2003 e 2004), Villanueva de Oscos, Asturias (2001), Fromista, Palencia (2001, 2003 e 2004), Concello de Lugo (2002, 2003 e 2004), Concello de Nigrán, Pontevedra (2003), Folgoso do Caurel, Lugo (2003 e 2004), Olmedo, Valladolid (2003), Dueñas, Palencia (2004), Segovia (2004) e Xixón, Asturias (2004). Ademais, participou nas seguintes exposicións colectivas, nas que xeralmente dona as obras dado o carácter benéfico das mesmas: Círculo das Artes de Lugo (1970), Edificio Multiusos Xunta de Galicia de Lugo (2000, 2001, 2002, 2003 e 2004), Museo Provincial de Lugo (2003), Sala Almirante de Lugo (2002), Sala do Concello Quiroga Ballesteros, Lugo (2003) e Sala Esmelgar de Lugo (2004).

 Outros datos de interese

Foi galardoado cos seguintes premios e distincións: accésit no Certame de Pintura ‘Cidade de Lugo 2003’ (2003), accésit no Certame de Pintura ‘Cidade de Lugo 2004’ (2004), obra seleccionada no Certame de Pintura de Fromista, Palencia e de Ponferrada, León (2004) e mención de honra no Certame de Pintura ‘José Domínguez Guizán’ de Begonte, Lugo (2009).
Hai referencia ás súas obras nas seguintes publicacións: ‘Guía de Artistas de Galicia’, Consellería de Cultura, Xunta de Galicia (2004) e ‘Artistas del Pincel’, IES Lucus Augusti (2004), Mención de honra no certame de arte "José Domínguez Guizán" en Begonte, Lugo (2009).
Recentemente donou unha obra serigrafiada da serie ‘Vilanova dos Infantes, Ourense’ con motivo da homenaxe ó pintor e profesor Saturno Lois D., depositada no IES Lucus Augusti de Lugo.