-Atleta en activo entre os anos 1956 e 1962. Especialidade medio fondo. -Primeiro deportista provincial que formou parte na selección Española.-Subcampión de España Junior en 800 e 1500 metros lisos.-Subcampión de España Universitario en 800 e 1500 metros lisos.-Subcampión de España Militar de campo a través.-Internacional Junior fronte ás seleccións de Francia, Bélxica, Holanda e Portugal.-Campión Galego Xuvenil de campo a través, Santiago de Compostela, 1958.-Mellor marca galega de 800 m lisos (1' 56" ) e 1000 m. lisos (2' 30" 9)-Campión Galego absoluto de 800 metros lisos.-Subcampión Galego absoluto de 400 metros valados.-Mellor marca provincial desde 100 a 5000 metros lisos incluídos os 400 metros valados.-Seleccionado no ano 1957 para a concentración preolímpica celebrada durante o mes de agosto en San Sebastián.-Seleccionado polo Consello Superior de Deportes, como bolseiro na Residencia Joaquín Blume de Madrid, inaugurada en Madrid en outubro de 1957
-Presidente da Federación Lucense de Atletismo desde 1978 a 1986, data na que desapareceron as Federacións Provinciais, constituíndose as Autonómicas.-Delegado en Lugo da Federación Galega de Atletismo desde a súa Fundación.-Vicepresidente 1º da Federación Galega de Atletismo desde a súa Fundación.-Delegado en Lugo do colexio territorial de xuíces e cronometradores.-Vocal do colexio galego de xuíces e cronometradores.
-Mellor deportista Lucense nos anos 1958, 1959 e 1960.-Medalla de ouro da Federación Galega de Atletismo. -Medalla de ouro e brillantes do Maratón Popular Cidade de Lugo.-Medalla de prata do Club de Atletismo Lucus Caixa Rural.