Armando Durán Miranda


Categoría: Científico e catedrático
Data de Nacemento: 10 de xullo de 1913 (†14 de xaneiro de 2001)
Lugar de Nacemento: Lugo
 Currículum

Era fillo dun coñecido político lucense e trasladouse a Madrid na posguerra. Entre 1945 e 1983, cando se xubilou, ocupou a cátedra de Óptica na Universidade Complutense de Madrid. Con José María Otero Navascués, foi fundador da Xunta de Enerxía Nuclear. Foi vicepresidente da xunta e chegou a dirixi-lo Instituto de Estudios Nucleares.

 Obras realizadas

O seu traballo deu lugar á publicación de moitos estudios, entre eles Estructuras y técnicas de la novela caballeresca y sentimental.

 Outros datos de interese

Era membro numerario da Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais (leu o seu discurso de ingreso o 12 de marzo de 1975 co título de De la biología a la física). En 1962, accedeu á presidencia da Real Sociedade Española de Física e Química, cargo no que permaneceu ata 1966. Foi, ademais, vicepresidente da Conferencia Europea de Bioloxía Molecular. Entre as distintas condecoracións e premios que conseguiu, destaca a medalla de ouro da Universidade Complutense de Madrid e as grandes cruces do Mérito Civil e de Alfonso X o Sabio.