Estudou Enxeñería Técnica Agrícola en Madrid.
Funcionario do Ministerio de Agricultura dende 1972, pasou logo á Consellería de Agricultura, traballando no Servizo de Extensión Agraria en Vegadeo (cinco anos) e A Fonsagrada (quince anos), así como no Servizo de Montes e FOGGA en Lugo. En 1993 licenciouse en Xeografía e Historia pola UNED. Na actualidade é o delegado provincial da Consellería de Cultura e Deporte en Lugo.
Así mesmo, é o presidente do Padroado do Museo Comarcal da Fonsagrada e membro do Padroado do Museo do Pobo Galego como representante dos socios.