José Antonio Formoso Mourelos


Pseudónimo:Pepe Mourelos
Data de Nacemento: 25 de maio de 1967
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Director e fundador de Radio Nordés Cadena SER, 40 Principais Nordés, Radio Neria (radio municipal do concello de Corcubión).
Sensibilizado coa realidade da Costa da Morte e coñecedor do seu potencial, leva tempo reivindicando o que considera unha débeda histórica coa comarca. Non é nin xusto nin lóxico que o 2º punto máis coñecido e visitado de Galicia non dispoña de inversións e axudas da administración autonómica.

 Obras realizadas

Dende as súas posibilidades fomenta: Coñecemento da terra (non se pode poñer en valor sen coñecela). Rutas: Sección semanal radiofónica. Etnográficas. Gastronómicas. Paisaxísticas.
Divulgación periódica: Camiño de Santiago. APTCME (Asociación de Profesionais de Turismo da Costa da Morte). Asociación Neria (xestiona fondos Europeos do plan LIDER). Consorcio de Turismo (en fase de xestación). Turismo mariñeiro (iniciativa pioneira da confraría de Lira, Carnota).
Grandes eventos: Ruta fin do Camiño Francés. Ruta fin do Camiño da Vía da Prata. Dúas aventuras realizadas en quad polos respectivos camiños, con cobertura nacional, durante o último xacobeo, reivindicando a prolongación do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía.
Coberturas Exteriores: Programas realizados cos diferentes comitivas turísticas da súa comarca: Bretaña Francesa, El Hierro, Lanzarote, Fitur, Turisport…