José Manuel Nuño Gallas


Categoría: Médico Cirurxán
Data de Nacemento: En 1925 ( † 1992)
Lugar de Nacemento: Torreón (Méjico)
 Currículum

Realiza os estudos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose aos 21 anos, coa cualificación de Sobresaínte - Matrícula de honra.

Cabe destacar no seu currículo universitario a obtención de 13 matrículas, 11 sobresaíntes e 3 notables. Obtén tamén o Premio Extraordinario de fin de carreira e no doutoramento en medicina obtén unha matrícula e tres sobresaíntes.

Aos 23 anos é xefe de cirurxía do prestixioso hospital da Santa Cruz e San Pablo de Barcelona.

Aos 26 anos márchase á Seu d'Urgell onde ademáis de ser cirurxián xefe, é o director do devandito Hospital.

Regresará a Galicia ao casar e en 1973 é cofundador do Sanatorio da Mercé en Poio (Pontevedra).