Con só uns meses veu coa súa familia á súa casa familiar en terras coruñesas.Fixo os seus estudios medios en Betanzos. En 1911 licenciouse en Filosofía e Letras pola Universidade de Madrid. Posteriormente marcha a Alemania para completar estudios de Psicoloxía.En 1917 casa con Jacinta Landa Vaz Coronado.Participa nas Irmandades da Fala.
En 1930 os seus amigos publican a súa obra Ensayos y poesías, que recolle escritos inéditos y artigos publicados en revistas e periódicos.Como poeta escribe sempre en galego excepto uns versos titulados Badajoz nos que canta á terra da súa muller.Foi un gran defensor de Galicia e defendeu a necesidade de incorpora-lo galego ó ensino porque considerábao o signo de identificación como pobo.