Autor de literatura infantil e xuvenil. Tamén traballou como actor, director de teatro, guionista e director na radio, vídeo, televisión... Como mestre, sempre estivo relacionado cos movementos de renovación pedagóxica. Pertence ó consello de redacción da Revista Galega de Educación e da revista de literatura infantil e xuvenil ‘Fadamorgana’. Fixo relatorios en congresos e cursos a profesores sobre a didáctica da lingua e a literatura, a creación literaria na escola, a utilización didáctica da narración oral e recibiu e impartiu cursos de cine e televisión no referente á súa aplicación didáctica. É autor de libros de texto para a escola e de ensaio didáctico e pedagóxico, e é columnista na prensa diaria. Deu conferencias e encontros con lectores en diversos lugares de España, Europa e América.
Publicou os seguintes libros: ‘Misterio das Badaladas’ Vía Láctea, A Coruña (1986), traducido ó castelán, catalán, vasco e bable; ‘Cun ollo aberto e outro sen cerrar’, Vía Láctea, A Coruña (1987); ‘A Chave das noces’, Vía Láctea, A Coruña (1988); ‘Armario Novo de Rubén’, Xerais, Vigo (1989); ‘A nena de auga e o príncipe de lume’, Xerais, Vigo (1990); ‘A casa do porco bravo e Roxelio e a couza’, Xerais, Vigo (1991); ‘País Durminte’, Xerais, Vigo (1993); ‘Cando petan na porta pola noite’, Xerais, Vigo (1994), traducido ó castelán, catalán, vasco e portugués); ‘Adelaida, Henrique e demáis familia’, Galaxia, Vigo (1996), traducido ó castelán e ó catalán; ‘O pazo baleiro’ Anaya, Madrid (1998), traducido ó castelán e ó catalán; ‘¡Estampado!’, Xunta de Galicia, Santiago (1998); ‘Breogán’, A Nosa Terra, Vigo (1998); ‘O home que inventou unha maneira de andar’, Galaxia, Vigo (1998), traducido ó castelán, vasco e catalán; ‘Purpurina ou a historia dunha pinga de auga’, Xunta de Galicia, Santiago (1999); ‘Catro cartas’, Anaya, Madrid (2000), traducido ó castelán; ‘Nube de neve’, Everest, León (2000); ‘Os ollos de Ramón’, Everest, León (2001); ‘¡Víchela, víchela!’, Casals, Barcelona (2001), traducido ó castelán; ‘Un conto de tres noites’, Xerais, Vigo (2002); ‘A casa da luz’, Xerais (2002), traducido ó castelán e ó catalán; ‘Bolboretas’, Everest, León (2004); ‘A decisión de Valerio’, Xerais, Vigo (2005), traducido ó castelán, vasco e catalán e ‘De cores e de amores’, Galaxia, Vigo (2005).
Foi galardoado cos seguintes premios: ‘Feira do Libro de A Coruña’ polo conxunto da obra narrativa (1989); ‘Emilia Pardo Bazán’ do Ministerio de Educación; ‘Rañolas 1994’ á mellor obra de Literatura Infantil e Xuvenil en Galicia; ‘Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 1995’; ‘Honour List IBBY 1996’; ‘The White Ravens 1997’ da Jugendbibliothek de Munich.; ‘Lecturas’ da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil de 2004, ‘The White Ravens 2005’ da Jugendbibliothek de Munich e en 2009, obtivo o Premio Irmandade do Libro na modalidade de autor.