Xornalista titulado. Fixo as carreiras de Dereito, Maxisterio e Filosofía e Letras. Comezou colaborando con La Voz de Galicia. Foi xefe de redacción local en El Ideal Gallego, xefe do Gabinete de Prensa do Concello da Coruña e xefe de Prensa do Gabinete da Consellería de Relacións co Parlamento galego. É xefe do Gabinete de Prensa, Publicacións e Protocolo da Autoridade Portuaria da Coruña e dirixe as revistas dos Axentes Comarcais e de Amas de Casa. Dirixe o departamento de Entrevistas da revista da Cámara de Comercio.
Fixo máis de dez mil entrevistas e escribiu máis de quince mil artigos. Escribiu cinco libros.
Obtivo setenta premios xornalísticos e literarios. Fala seis idiomas. É presidente da Asociación da Prensa da Coruña, medalla ó Mérito Turístico, medalla de Sada e medalla de Cariño. Foi xefe de prensa dunha vintena de congresos de diversa índole.