-Licenciado en Filoloxía Hispánica (1985-1990) e en Filoloxía Galega (1992) pola Universidade de Santiago de Compostela.
-Bolseiro do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (1994-1998).
-Traballador do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo (1998-1999).
-Responsable do Programa de Dinamización Sociolingüística das Comarcas de Galicia, da SA para o Desenvolvemento Comarcal (1999-2004).
-Asesor da Secretaría Xeral de Política Lingüística (2007-2009).
-Profesor de Lingua e Literatura galegas na ensinanza pública dende 2004.
-Escritor. Dentro do ámbito da literatura galega, combina o seu labor creativo (especialmente no xénero poético e ensaístico) con outras facetas culturais (tradutor, autor de materiais para o ensino, responsábel da coordinación e edición de textos, colaborador de numerosas publicacións...).
-Creación: “Roberto Blanco Torres e a loita pola supremacía ética” (1999); “Material de outono” (2000); “A natureza no reino da escuridade” (2003); “As horas luminosas” (2005); “Unha de tantas” (2007); “Incivil” (2009) e “Materia infinita” (2011).
-Traducións literarias: Gustavo Adolfo Bécquer, “Lendas” (1998); Esopo, “Fábulas” (1999) e Ovidio, “Arte de amar” (2001); Czeslav Milosz, Johannes Bobroski, Ernst Meister (poemas no suplemento ‘A rama no aire’ do Faro de Vigo -ed. Arousa-, 2005-2008).
-Coordinación: “Represión, solidariedade e resistencia antifranquista” (2007); “Migracións na Galicia contemporánea” (2008) e “Vieiros de palabra. Terra de Celanova – Baixa Limia en letras de autor” (2012).
-Edicións: “Mulher a facer vento” (1998); “I Premio Literario Manuel Luís Acuña” (2001); “Traballos da cuarta e quinta edición do Premio Literario Manuel Luís Acuña” (2005); “Son de poesía” (2005); “Actas do I (II, III e IV) Congreso Manuel Luís Acuña” (2001, 2005, 2008 e 2012); “Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo” (2006); “O ano da memoria na escola” (2006); “Ex toto corde. No oitenta aniversario de don Xesús Alonso Montero” (2009); “Voz da terra, arela de pobo” (2009) e “En defensa do Poleiro” (2009).
-Secretario das “I Xornadas das Letras Galegas en Lisboa” (1998).
-Coordinador das exposicións: ‘Manuel Luís Acuña e o seu tempo’ (2000); ‘Os mundos de Carlos Casares’ (2002) e ‘Corenta anos de traballo por Galicia. O compromiso da diáspora galega’ (2003).
-Coordinador dos “I - II Encontros de escritores en torno á montaña” (A Pobra de Trives, 2005 e 2006).
-Coordinador do curso “Migracións nas sociedades contemporáneas. Os desafíos na Galicia actual” (Caldas de Reis, 2007).
-Colaborador do proxecto “Antón Alonso Ríos. O siñor Afranio” (Terra de Celanova, 2008).
-Coordinador do I, II, III, IV e V Congreso Manuel Luís Acuña (A Pobra de Trives - 2000, 2003, 2006, 2009 e 2013).