Julio Fernández Gayoso


Categoría: Banqueiro
Data de Nacemento: en 1931
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
 Currículum

Iniciou a súa traxectoria profesional en Caixavigo, entidade financeira da que foi nomeado director xeral en 1965 á idade de 34 anos. Foi director xeral de Caixavigo e Ourense, e posteriormente co-presidente de Nova Galicia Banco, cargo do que dimitiu en xuño de 2012.

Pertence ó consello de administración de diversas empresas e institucións en representación da Caixa: Confederación Española de Cajas de Ahorros (CECA), Caser, Lico-Leasing, Lico-Corporación, Ahorro Corporación Financiera, Grupo Cable e Inversións Estratéxicas de Galicia. É vicepresidente do Banco Gallego, entidade da que Caixavigo adquiriu en 1998 o 50% do seu capital, é tamén socio fundador da Fundación Empresa Universidade Galega, a Fundación FIES (Fondo para a Investigación Económica e Social), da Fundación Pro-Vigo e membro de diversos padroados entre os que destacan o Centro Galego de Arte Contemporáneo, a Fundación Laxeiro e a Fundación Camilo José Cela entre outras.

 Obras realizadas

Un dos aspectos fundamentais na súa andaina profesional en Caixavigo foi a expansión da Obra Social desta entidade, que se traduciu en innumerables obras de carácter cultural, docente e asistencial, entre as que podemos destacar pola súa transcendencia: Centro Cultural Caixavigo, edificio recuperado do antigo teatro García Barbón que alberga a maior oferta cultural da cidade; creación do Colexio Universitario de Vigo, base da actual universidade sur de Galicia; creación da Escola de Negocios Caixavigo, única deste tipo en Galicia, emprazada en Vigo pero que imparte cursos en toda a comunidade autónoma.

 Outros datos de interese

Medalla individual "ó mérito no aforro" concedida polo Ministerio de Facenda en 1970, Insignia de Ouro da Universidade de Santiago en 1982, Comendador da Orde do Mérito Civil en 1983, medalla de Ouro da cidade de Vigo en 1997,medalla "ó merito no aforro" da CECA en 1998, medalla da Cámara de Comercio de Vigo en 1999, medalla de Ouro do Club Financeiro de Vigo en 1999. En 1999 foi designado "mellor executivo financeiro de Galicia" entre os lectores da prestixiosa revista "Actualidad Económica".