Roberto Vidal Bolaño


Categoría: Actor, director de teatro e dramaturgo
Data de Nacemento: En 1950 (†10 de setembro de 2002)
Lugar de Nacemento: Santiago de Compostela (A Coruña)
 Currículum

Roberto Vidal empezou a traballar como empregado de banca, pero a súa afección ó teatro levouno a dedicarse a el por completo. Comezou a súa actividade en 1974 co grupo de teatro "Antroido". En 1975 participou como fundador do grupo "Abrente" e posteriormente participou na cooperativa "Teatro do Estaribel". Ademais foi director do Centro Dramático Galego e dirixiu a compañía "Teatro do Aquí".

 Obras realizadas

Como dramaturgo podemos destacar as seguintes obras: Días sen gloria, Saxo Tenor e a triloxía Anxeliños, Criaturas e Animaliños. Tamén foi o autor de Mar Revolto, Rosalía e Laudamuco, señor de ningures. Como actor, participou nas seguintes películas: Sempre Xonxa de Chano Piñeiro, A noiva de medianoite de Arturo Simón, Amor serrano de Luis Listre e A lingua das volvoretas de José Luis Cuerda. Ademais, dirixiu a productora Olympus Comunicación e foi guionista da serie de televisión Un mundo de historias.

 Outros datos de interese

Roberto Vidal recibiu os premios Rafael Dieste, Álvaro Cunqueiro e Eixo Atlántico. No ano 2001 conseguiu os premios María Casares e Chano Piñeiro de teatro, así como o premio Max de teatro español pola súa obra Criaturas.