É Enxeñeiro Técnico Agrícola, doutor Enxeñeiro Agrónomo e catedrático de Escola Universitaria do Departamento de Enxeñería Agroforestal da Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente é director da Escola Politécnica Superior e membro da Xunta de Goberno da USC e do Claustro Universitario. Foi director da Escola Universitaria de Enxeñería Técnica Forestal, subdirector e secretario da EUETA e da EPS.
Foi director de proxectos de investigación como: O uso da madeira nas construccións rurais de Galiza e Necesidades de formación no sector rural. Publicou o libro: Aloxamentos para gando vacún de leite en Galiza.
É membro do comité organizador das "Xornadas Agrarias Galegas", membro do equipo técnico e colaborador do SLG desde 1974. Foi voceiro do BNG no Concello de Lugo (1991-96) e membro do Consello Nacional do BNG en distintas etapas.