Jesús Souto Prieto


Categoría: Maxistrado
Data de Nacemento: 19 de xaneiro de 1942
Lugar de Nacemento: Boborás (Ourense)
 Currículum

Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Ingresa na Carreira Xudicial en 1972, desempeñando, sucesivamente, os Xulgados de 1ª Instancia e Instrucción de Bande, Corcubión, Beija e Ponteareas. En 1979, por concurso de méritos, intégrase no, hoxe extinguido, Corpo de Maxistrados de Traballo, pasando a desempeña-la Maxistratura de Traballo nº 2 de Santander. Toma posesión do seu novo destino na Maxistratura de Traballo de Pontevedra en 1984. Así mesmo, desde 1987 ata 1991, en comisión de servicio, e sen relevación de funcións no seu destino, exerce as súas funcións no Tribunal Central de Traballo. Nomeado Maxistrado da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, onde toma posesión o día 28 de xuño do mesmo ano. O 19 de novembro de 1999 toma posesión do seu cargo como presidente de Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en virtude do Real Decreto nº 1703/99, de 29 de outubro. Foi profesor da Universidade de Santander e da UNED en Pontevedra, profesor asociado da Universidade da Coruña. Dirixiu tamén numerosos cursos de formación de xuíces na Coruña e o primeiro curso de formación patrocinado pola Fundación Xustiza no Mundo da Unión Internacional de Maxistrados (60 países).
Na actualidade é maxistrado da Sala 4ª do Tribunal Supremo.

 Obras realizadas

Publicou varios traballos da especialidade nos "Cuadernos Judiciales" do Consello Xeral do Poder Xudicial. É membro do consello de redacción da revista xurídica "Actualidad laboral" e da revista da EGAP "REGAP".