José Manuel Otero Novas


Categoría: Avogado
Data de Nacemento: 23 de marzo de 1940
Lugar de Nacemento: Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 915497547
 Currículum

É licenciado en Dereito con premio extraordinario. Foi Avogado do Estado na provincia de Lugo durante 7 anos, onde naceron as súas fillas. O seu último destino foi no Tribunal Supremo. É, ademais, inspector de servicios do Ministerio de Facenda. Ocupou os cargos de Director xeral de Política Interior (con Fraga Iribarne trala morte de Franco), subsecretario do presidente do Goberno, ministro da Presidencia e Ministro de Educación (con Adolfo Suárez). Foi deputado por Lugo (UCD) e por Zamora (PP). En abril de 2008 recibiu a Medalla de Ouro da Fundación Universitaria San Pablo CEU. Exerceu sempre e sigue facéndoo como avogado libre.

 Obras realizadas

Foi fundador e membro do grupo “Tácito” durante o franquismo e presidente do club cultural “Valle Inclán” de Lugo. Participou activamente na transición á democracia. Promoveu o Estatuto de Centros Escolares que estableceu a liberdade de ensinanza, construíu e puxo en funcionamento 930.000 novos postos escolares públicos, promoveu e firmou os decretos que incorporaron as linguas españolas distintas do castelán ó sistema educativo (con deber de estudiar a lingua vernácula e con dereito de opción para estudiar en castelán ou a lingua vernácula).

 Outros datos de interese

Publicou os seguintes libros:

El Estado como sujeto de relaciones jurídico obligacionales (Plaza, 1986).

Defensa de la nación española (Fénix, 1998).

Fundamentalismos enmascarados (Ariel, 2001).

Asalto al Estado. España debe subsistir (Biblioteca Nueva, 2005).

El retorno de los césares. Tendencias de un futuro próximo e inquietante (Libros Libres, 2007).

Mitos del pensamiento dominante, Paz, Democracia y Razón (Libros Libres, 2011).