Xornalista titulado pola Escola Oficial de Xornalismo de Barcelona e licenciado en Xornalismo pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade Autónoma de Bellaterra, Barcelona. Principiou a súa actividade profesional en EAJ-1 Radio Barcelona, onde pasou sete anos. Deixou a emisora da Cadea SER para traballar como productor do programa "Protagonistas", de Luis del Olmo. Outras emisoras nas que prestou os seus servicios foron Radio Peninsular e Radio Nacional de Barcelona, Radio Sáhara de El Aaiún (durante o servicio militar en África), e Radio Nacional naCoruña e Santiago. En 1985 fundou a Radio Galega e colaborou na posta en marcha da TVG, na que presentou programas populares. É autor de varios libros, entre eles Prensa e Radio na Galicia Exterior, Camariñas, terra de palilleiras, Cento Catorce Cancións Galegas e Historia de Radio en Galicia. Tamén é autor de máis dun cento de cancións en idioma galego e de numerosos pregóns e conferencias. Colabora habitualmente en "El Correo Gallego".
Foi vicepresidente da Asociación da Prensa da Coruña.Patrón de iate, é vicepresidente do Club Náutico de Camariñas e vocal da Federación Galega de vela.Vocal da Federación Española de Asociacións de Radio e Televisión.