Guadalupe Rodríguez Silva


Pseudónimo:Lupe Rodríguez
Categoría: Psicóloga e profesora
Data de Nacemento: 1961
Lugar de Nacemento: A Estrada
 Currículum

Licenciada en Psicoloxía Clínica e Social pola Universidade de Santiago de Compostela.

Profesora e colaboradora do Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago.

Máster en Xerontoloxía Clínica e Social polo Instituto de Ciencias Humanas e Sociais.

Coordinadora Programa A.S.C.E. en Galicia (Ministerio de Cultura).

Diplomada en Consumo.

Directora de diferentes campamentos, colonias e campos de traballo.

Técnica Municipal do Concello de Santiago en programación cultural.

Directora do Centro Sociocultural Municipal "Aurelio Aguirre" e coordinadora dos Centros S.C. Zona Sur.

Responsable do Centro de información dos Dereitos, da muller "Alba" e Presidenta da Asociación Alba.

Desenvolveu distintos programas educativos e outros coa Xunta de Galicia (1989-1993).

Como experta en Creatividade, actualmente e membro do equipo do profesor David de Prado e do seu proxecto EDUCREATE.

Participou en diversos cursos de Comunicación, o último foi o desenvolvido pola Escuela de Comunicación de Manuel Campo Vidal (Madrid).

Imparteu diversos cursos, seminarios, xornadas, encontros, charlas, etc , relacionados co ámbito da intervención social, a participación cidadá, a educación , a animación sociocultural, o tempo libre, a creatividad ou a igualdade.

Foi directora, ademais do Centro Sociocultural “Aurelio Aguirre”, do Centro Sociocultural das Fontiñas e responsable dos Centros Socioculturais da zona sur de Compostela.

Poñente en diferentes xornadas, mesas redondas e congresos en ámbitos ligados a educación, intervención social, a igualdeade, etc tanto en España como no extranxeiro, destacando xornadas como as de Sao Paulo (Brasil), sobre Cidades Educadoras, na que presentou o proxecto “Santiago ,Cidade Educadora”, así como outra en Cuba, sobre Santiago, Cidade Patrimonio da Humanidade, outras en Portugal,etc,

Coordinadora de diversos proxectos de educación e intervención social.

Foi membro de Eixo Atlántico, durante os anos 2007-2011 e do Consello Social da Universidade de Santiago (2007-2009)

Actualmente, dentro do seu traballo no Concello de Santiago, é a responsable técnica dos Equipamentos Socioculturais Municipais.

 

 Obras realizadas

Coautora do libro: Animación grupal Ed. Centro de Estudios. Xuventude e Sociedade.

Colaboración coa Consellería de Sanidade (Dirección Xeral de Consumo) na Investigación de "Hábitos de Consumo dos Nenos Galegos".

Colaboración coa mesma Consellería e a de Educación na elaboración dos modelos Psicopedagóxicos na Educación para o consumo na escola.

Colaboración coa Facultade de Pedagoxía en Diversas Investigacións.

Autora de diversos relatorios, conferencias sobre aspectos educativos e psicolóxicos da educación.

Ten realizado para colectivos de mulleres diversos cursos de autoestima.