É licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e doutor pola mesma Universidade no ano 1996. Profesor Asociado de Dereito Administrativo de 1991 a 1994. Profesor titular en Estados Unidos desde 1994 a 1999. Profesor titular de Dereito Administrativo desde 1999. Desempeñou o cargo de Secretario do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado da Universidade de Santiago (1994-1997), Secretario da Escola Universitaria de Relacións Laborais da Universidade de Santiago (1997-1999), Director do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado (1999 ata hoxe), Secretario da Comisión Electoral da Universidade de Santiago (desde 1999 ata hoxe). Coordinador do programa de doutoramento do Departamento de Dereito Público e Teoría do Estado (1999-2001). Participou en catro proxectos de investigación financiados pola Xunta de Galicia e o Estado. Ampliou estudios na Universidade de Bolonia e na EAPC.
Publicou as seguintes monografías: El régimen jurídico de la comarca en el sistema autonómico español (CEDECS, Barcelona, 1999) e La comarca en la historia (USC, Santiago de Compostela, 2000). Tamén publicou máis de 200 artigos sobre réxime local, dereito turístico e función pública. É colaborador do curso de Especialización sobre Administración Local que organiza a Universidade de Santiago en colaboración coa FEGAMP. Así mesmo, é autor de diversos informes e dictames para as administracións locais
É membro da Xunta Electoral Central de Galicia e colaborador do programa radiofónico "Camiño de Volta" en Radio Voz. Dende setembro de 2007 é Secretario Xeral da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.