Xosé Miguel Barrera


Correo electrónico: 
Formulario de contacto

Biblioteca Virtual GD
 Currículum

 

Xosé Miguel Barrera é natural de Vilalba (Lugo), aínda que actualmente reside na vila madrileña de Torrelaguna. Exerce súa actividade profesional como auditor na empresa Efficy Inspección y Auditoría, S.L.

É Auditor Líder IRCA e Conselleiro de Seguridade. Mestrado en Prevención de Riscos Laborais na especialidade de Ergonomía y Psicosocioloxia Aplicada. Graduado Social Diplomado (Relaciones Laborais) pola Universidade de Santiago de Compostela.

 

 Obras realizadas

Na súa actividade como escritor figuran publicacións en galego e castelán tanto no ámbito técnico como literario.

É autor de diversos manuais sobre auditoría de prevención de riscos laborais, e avaliación de riscos ergonómicos e psicosociais en contornos organizativos de traballo, entre outros.

No ámbito literario ten publicado fundamentalmente poesía nos xornais como El Progreso e a Voz de Vilalba; en revistas como Xistral (Revista Lucense de Creación Poética) e Olga (Revista de Poesía Galega en Madrid). En castelán nas revistas La Espadaña e Cartapacio, tamén colaborou nos libros Piedra Lisa e Memoria de Ausencias.

En galego os libros de poesía “Loita de silencio” (1993), “Na árbore do desespero. Derradeiros Poemas de Cándida”, incluído no primeiro Caderno de Estudos Chairegos no capítulo de Nova Poesía (2002) da asociación Instituto de Estudos Chairegos, e “Poemas do Tempo Silenciado” (2006).

Entre algúns dos recoñecementos do autor destacan o de finalista do concurso de guión do proxecto Una Tela en Blanco polo texto “Una tarde en el parque” e no concurso poético Chozas de la Sierra, na súa VIII edición, acadando a Mención de Honor polo poema “Lamento por la muerte de un amigo”.

Gañador en 2019 do XLV Certame Literario do Concello de Vilalba polo poemario presentado co título “Poema da rúa das aves”.

 Outros datos de interese

Foi vicepresidente e fundador da “Asociación Letras de la Sierra Norte” en Madrid e secretario do certame literario “Jesusa Peñas” de Pinilla de Valle.

Como finalista do concurso de Guión “Una Tela en Blanco”, formou parte da equipa de guionistas do proxecto cinematográfico “Una Tela en Blanco” exercendo como script no curtametraxe “Fedro”.