Xosé Carlos Gómez Alfaro


Categoría: Profesor, escritor e xornalista
Data de Nacemento: 10 de febreiro de 1949 (†15 de maio de 2008)
Lugar de Nacemento: As Chabolas, Ribadavia (Ourense)

Opinión
 Currículum

Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, profesor de ensino secundario do Colexio Padres Somascos da Garda (Pontevedra) desde 1978. Escritor, poeta e articulista, colaborador dos xornais La Voz de Galicia, Faro de Vigo e La Región, entre outros. Como poeta deuse a coñecer en 1969 cunha obra en castelán, De rodillas, publicada na Editorial CLA en Bilbao. Desde 1970 só escribe en galego.

 Obras realizadas

As súas últimas obras poéticas son: As labaradas da lembranza, (autoedición), 1996; Matria de néboa, Ed. do Castro, Sada, A Coruña, 1997; Os ciclóns do sino, Deputación de Ourense, 1997; Alba plena do alén, Edicións Espiral Maior, A Coruña, 1997; Ofertorio de solpores, Edicións Espiral Maior, 1999; A Illa Verde, A Coruña, 1999; Pasos cara á alba, 2000, Alén do Lume, Edicións Espiral Maior, 2002, y O clamor da Eclipse, co que obtén o Premio de Poesía Cidade de Ourense no ano 2004. No 2005 publica un poemario de temática cívico-relixiosa titulado 'Confíteor', na Colección Hipocampo de Litoral das Rías.

 Outros datos de interese

Obtivo varios premios literarios tanto en poesía como en xornalismo. Entre os de poesía podemos destacar: - Meigas e Trasgos - Rosalía de Castro - Concello de Marín - Feliciano Rolán, e - Antón Tovar. En 2006 publica ‘Mar aberto’, traballo co que consegue de novo o Premio de Poesía Cidade de Ourense.