Aínda que naceu en Toledo, era fillo de pais galegos e con sete anos regresou coa súa familia a Ferrol, onde estudiou o bacharelato e Maxisterio. Posteriormente, licenciouse en Belas Artes pola Escola Superior de San Fernando e exerceu como profesor de debuxo na Escola do Profesorado da Coruña.
Polo que respecta á súa labor literaria, podemos destaca-las seguintes obras: POESÍA: Gárgolas (1950), El helecho en el tejado (1957), La estrella y el cocodrilo (1960), Los ojos de la colina (1963), Berro diante da morte (1964) e A imagen y semejanza (1974). TEATRO: Panteón familiar (1957), O dragón (1972), etc. ENSAIO: Los procesos abstractivos del arte contemporáneo (1965), La imagen especial en la poesía de Luz Pozo (1974) e Sobre el origen de la corteza en los astros y la orografía lunar (1973). Ademais, colaborou nas revistas de poesía "Caracola", "Ágora", "Vida gallega" e en varios xornais. Fundou as revistas "Aturuxo" e "Nordés" (xunto a Luz Pozo). Como pintor, realizou moitas exposicións individuais e colectivas en España e no estranxeiro, destacando fundamentalmente a realizada na "Ansdelt Gallery" de Londres. Estes son algúns dos seus cadros máis importantes: El aparecido, El testigo, Prometeo y Quijote, La lareira, Jugadores de cartas, Carrera de caballos, Marea baja, Castrillón con vaso, Fusilamiento, etc.
En 1952 obtivo o primeiro premio na Exposición do Concello de Ferrol.