Dende a súa infancia participa en actividades culturais de diversa índole (Teatro, Fotografía, Música...). Sucesivamente reside en Vilachán de Abaixo (Negreira), Santiago de Compostela, Valencia, Xixón e Vigo. Aínda que se considera autodidacta, realiza ó longo da súa vida estudios de pintura e gravado, en varias escolas públicas e privadas, nas cidades nas que habita e onde realiza as súas primeiras exposicións. Dende a súa mocidade viaxa por diversos países e verase cativado esencialmente por dúas cidades: París e New Orleans, nas que pasa longos períodos de tempo e que influirán de modo decisivo na súa obra. Está representado en varias institucións públicas de España e Portugal e en coleccións privadas de España, Portugal, Arxentina, Francia, Inglaterra e EEUU.
Actualmente reside na “República Independiente de Lourido”.
EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:
-1998: A Coruña. Colectiva Forum Metropolitano (outubro), Ferrol. Colectiva en Ateneo de Ferrol (novembro), Oleiros. Colectiva no Centro Cívico de Santa Cruz (novembro), Santiago. Colectiva no Centro comercial Área Central (decembro), Vigo. Colectiva no Hospital Xeral (decembro) y A Coruña. Galería Obelisco (decembro).
-1999: Ourense. Colectiva na Casa da Xuventude (febreiro), O Carballiño. Colectiva no Centro Multifuncional (marzo), Ribadavia. Colectiva na Casa da Cultura (marzo), Allariz. Colectiva en A Fábrica (abril), O Barco de Valedorras. Colectiva na Casa da Cultura (abril), Viveiro. Colectiva en Claustros de San Francisco (maio), Gois - Portugal. Goisarte 99 (agosto), Pontevedra. Colexio Oficial de Médicos (agosto), Figueira da Foz - Portugal. I Encontro marítimo fluvial de pintura (Agosto) e Pontevedra. Colectiva na Biblioteca Municipal (decembro).
-2000: Vale da Silva - Portugal. Atelier Alambique (xaneiro), Coimbra - Portugal. Galería Outra Marxen (febreiro), Cangas. Colectiva na Casa da Cultura (febreiro), Vigo. Casa Galega da Cultura (abril), ‘Primeiros encontros de Galuart na Casa Museo A Mangallona’. Cangas (Pontevedra), Gois - Portugal. Exposición ‘Gois Arte 2000’ (xullo), Montemor - Portugal. Pazos do Concello. (setembro), Pontevedra. Colexio Oficial de Médicos (setembro), Porriño - Pontevedra. Galería Heras (outubro) e Aveiro - Portugal. Fundación da Universidade de Aveiro (outubro).
-2001: Sintra - Portugal. Galería Municipal do Museo Provincial (xaneiro), Gois - Portugal. ‘Goisarte 2001’ (xullo), Cangas - Pontevedra. ‘Arte no Morrazo’ (xullo) e Montreal - Canadá. Salón de Outono do Círculo de Artistas pintores e escultores de Quebec (outubro).
-2002: Poio - Pontevedra. Colectiva na Casa da Cultura (agosto), Porriño - Pontevedra. Colectiva homenaxe a Juan Oliveira (xaneiro), Poio - Pontevedra. Casa da Cultura (marzo), Moaña - Pontevedra. 1º Salon de Primavera. Galería Arga. Colectiva (abril) e Gois - Portugal. ‘Goisarte 2002. Entre montes e mares’ (xullo).
-2003: Lisboa. Centro Galego. NADIR. Camiño de Compostela (abril), con continuidade en Porto, Tui, Santiago...
-2005: Ourense. Parador Nacional de Santo Estevo de Rivas do Sil (marzo).
EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:
-1998: Poio - Pontevedra. Mosteiro de Poio (agosto), Pontevedra. Campañó Casa da Cultura (setembro) e Salamanca. ‘Púbitos’ (outubro).
-1999: Viseu - Portugal. Galería Palace (decembro) e Pontevedra. Galería Caixa de Aforros de Pontevedra (setembro).
-2000: Vale da Silva - Portugal. Atelier Alambique (xaneiro) e Montemor - Portugal. Pazos do Concello (setembro).
-2001: Bueu - Pontevedra. Homenaxe a José de Larra. Casa da Cultura (agosto) e Porriño – Pontevedra.. Galería Hera (outubro).
-2002: Pontevedra. Castelo de Soutomaior (maio) e Cangas - Pontevedra. Casa da Cultura (xuño).
-2004: Vigo. Galería Desván (abril).
-2005: Pontevedra. Casino da Toxa (maio).
Socio Fundador de GALUART (Asociación Galaico Lusa de Artistas Plásticos e Visuais), participou no I Encontro Marítimo Fluvial de Pintura, Figueira da Foz - Portugal (1999) e nos Primeiros Encontros de Galuart na Casa Museo ‘A Mangallona’, Cangas (Pontevedra). Foi artista estranxeiro invitado en ‘Goisarte 2001 e 2005’, Gois - Portugal.