Manuel Lago González


Categoría: Presbítero, escritor
Data de Nacemento: 26 de outubro de 1865 (†19 de marzo de 1925)
Lugar de Nacemento: Tui (Pontevedra)
 Currículum

Estudiou o Bacharelato no Seminario. Despois, a súa vocación eclesiástica lévao a estudiar Humanidades, Filosofía, Teoloxía e Dereito Canónico. En 1886 perfecciona en Santiago os seus coñecementos de grego e hebreo. En 1888 foi ordenado presbítero. Foi nomeado membro de honor do Seminario de Estudos Galegos en 1924.

 Obras realizadas

Manuel Lago González escribiu varios libros sobre temas relixiosos. Como poeta escribiu bastantes poesías, das que 62 están escritas en galego. Os seus primeiros poemas datan do ano 1880, publicando en El Eco del Miño o poema Al Aloya. Posteriormente publicou outros poemas en periódicos como La Integridad, El Norte de Galicia, Galicia Diplomática ou Galicia Católica. Nestes poemas reflicte principalmente o tema da natureza e os recordos da mocidade no seu pobo natal. Tamén escribiu poesías de carácter histórico-narrativo, navideñas e marianas. Ademais, catro dos seus poemas (Alborada, San Campio, Fror Nova e O neno Xesús) foron musicadas por José Torres Crego.

 Outros datos de interese

A Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas en 1973. A Universidade adquiriu os 7.000 volumes da súa biblioteca, que foron colocados nunha sala inaugurada en 1929.