Gonzalo Fraga Vázquez


Categoría: Crego e escritor
Data de Nacemento: 5 de abril de 1942
Lugar de Nacemento: Palas de Rei (Lugo)
 Currículum

Estudiou Humanidades e Filosofía no Seminario de Lugo. En 1966 obtén a licenciatura en Teoloxía pola Universidade Pontificia de Salamanca. En 1968 obtén a licenciatura en Historia da Igrexa na Universidade Gregoriana de Roma. Desde 1968 é profesor no Seminario Diocesano de Lugo. É delegado Diocesano de Misións desde 1977 ata 1981 e de 1990 ata 1993. Desde 1981 ata 1990 é rector do Seminario Diocesano de Lugo. Desde 1981 é membro do Consello Presbiterial Diocesano. Na actualidade é tamén membro do Colexio de Consultores. En 1990 obtén a diplomatura en Lingua Galega na Escola de Idiomas. Desde 1991 é cóengo da S. I. Catedral B. de Lugo. Desde 1993 ata 1999 foi Deán da Catedral. Desde 1993 ata 1996 foi Vicario Episcopal de Ensino. Desde o ano 1996 é Vicario Xeral do Bispado.

 Obras realizadas

Publicacións: El Seminario Diocesano de Lugo (Lugo, 1989). Varios artigos na revista "Lucensia", da que é director desde a súa fundación no ano 1990.