Vitor Mejuto


Categoría: Pintor
Data de Nacemento: 1969
Lugar de Nacemento: Barcelona

   Cultura
 Currículum

Aínda que naceu en Barcelona, vive en Galicia dende os dez anos e toda a súa familia é galega. Cursou estudios durante tres anos na Facultade de Belas Artes de Salamanca. Vive e traballa en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra) dende hai catorce anos. Traballa ademais como fotógrafo de prensa e reportaxe no periódico La Voz de Galicia.
A súa obra pódese enmarcar dentro da tradición do que se deu en chamar abstracción xeométrica, a xénese desta disciplina podémola atopar no construtivismo ruso -que produciu o suprematismo-, a Bauhaus e o movemento De Stijl holandés e que máis tarde foi asumida por algúns informalistas da escola de Nova York como Frank Stella ou Keneth Noland. Algunhas destas propostas derivaron no Minimal, outras como no caso de Peter Halley revisitan a obra dos grandes mestres para acuña-lo termo Neo Geo, que non é outra cousa que valerse do espazo e as súas propiedades, do color e o seu comportamento, para falar máis de pintura e menos de emocións.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS
2008- Anatomías soñadas. Galería Sargadelos, Barcelona.
2007- International Style. Galería De Opsteker/Eduarte. Amsterdam.
2007- Soltando lastre, Sala de exposicións do Club Náutico de San Vicente do Mar, O Grove (Pontevedra).
2007- Rombo, Galería Arte Imagen, A Coruña.
2006- La silla tubular, Casa de Galicia, Madrid.
2005- La línea plana, Galería Kera 5, Donostia
2004- Obra Recente, Galería MC, Santiago
2004- A mirada circular, Sala de arte Caja de Burgos, Aranda de Duero
2004- Saíndo do Círculo, Galería Borrón, Cambados.
2003- O Ángulo romo, Caja Madrid, Pontevedra.
2002- Compás, Sala de exposicións Antón Rivas Briones, Vilagarcía.
1999- Soños de Volume, Sala do Colexio de Arquitectos de Galicia, A Coruña.
1998- Construción na Escrita, Casa de Cultura, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS
1995- Vilagarcións en Pontevedra. Sala de Arte Caixa de Pontevedra.
1995- 17 Artistas plásticos gallegos en Buenos Aires, Borde Cultural, Arxentina.
1997- Paisaxe Extensiva, Sala Pórticos, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).
1998- Picadillo, Sala Pórticos, Vilagarcía de Arousa, Pontevedra.
1999- IV Premio de pintura Xosé Malvar, Universidade de Santiago de Compostela.
2000- Arte natura 2, Asociación micolóxica A cantarela, Sala de exposicións Antón Rivas Briones, Vilagarcía.
2001- Arte natura 3, Asociación micolóxica A cantarela, Sala de exposicións Antón Rivas Briones, Vilagarcía.

 Outros datos de interese

COLECCIÓNS
Colección de arte constructivista Javier López de Toledo (Madrid) www.constructivistas.com.
Colección de arte Caja Madrid.
Colección de arte Colexio de Arquitectos de Galicia.
Concello de A Illa de Arousa.
Concello de Vilagarcía de Arousa.
Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa.

BIBLIOGRAFÍA
2002- Castro, Antón. Polo camiño deconstructivo (catálogo).
2003- García, Jorge. Menos sigue siendo más en la pintura de Mejuto (catálogo).
2006- Rozas, Mercedes. Casa de Galicia, Madrid (catálogo).