De neno foi á escola de Artes e Oficios de Ourense con Luís Xesta e máis tarde á casa deste, cando o botaron da escola por ser republicano. Comezou a facer exposicións no ano 1954. En 1957 foi a París cunha pequena bolsa de estudios da Deputación e ingresou na Escola Superior de Belas Artes. Ata o ano 1962 estivo viaxando a París con longas estadías. En 1974 foi a Berlín e en 1983 a Colonia.
Participou nas exposicións O Gago e A Gadaña. Fixo máis de medio cento de carteis. As súas últimas exposicións son: 1985, Vigo. Nova Sala de Exposicións Caixa Vigo; 1986, Madrid. Galería Sargadelos; 1987 Bonn (Alemaña). Ibero - Club V. e contratado pola Galería von Kristian ata a súa desaparición; 1988, Bruxelas; 1991, Vigo 'Grandes Artistas Galegos'. Tamén expuxo en exposicións colectivas en Milán e Lisboa.