Eduardo Moreiras Collazo


Categoría: Escritor
Data de Nacemento: En 1914 (†En 1989)
Lugar de Nacemento: Quiroga (Lugo)
 Currículum

Estudiou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e posteriormente trasladouse a Vigo, onde fundou e dirixiu a revista "Mensajes de poesía" (1948-50).

 Obras realizadas

Eduardo Moreiras comezou a súa carreira de escritor en castelán coa obra La muerte de la Luna (1936, inédita) e continuou con El bosque encantado (1947), Éxtasis (1948), El guerrillero (1948, inédita) e Los amantes (1949). En 1955 publicou o seu primeiro libro en galego titulado A realidade esencial. Ademais, escribiu Paisaxe en rocha viva (1958) e Os novos carreiros (1970). Polo que respecta á prosa, escribiu os seguintes libros: Follas de vagar. Xornal (1969-70), Primaveira no lor (1974), Fogo solto (1976) e O libro dos mortos (1979).