Juan Antonio Saco y Arce


Categoría: Teólogo e escritor
Data de Nacemento: 8 de marzo de 1835 (†14 de setembro de 1881)
Lugar de Nacemento: Alongos - Toén (Ourense)
 Currículum

Tras finalizar os seus estudios de bacharelato, comezou a estudiar Teoloxía en Santiago. Entre 1851 e 1854 continuou os seus estudios no Seminario de Ourense e licenciouse en Teoloxía en Santiago. En 1861 foi ordenado presbítero e un ano máis tarde trasladouse a Madrid, onde realizou o doutorado, ó mesmo tempo que estudiaba francés, italiano e alemán.

 Obras realizadas

Dentro da súa obra destaca a súa Gramática Gallega. En 1878 publicouse en Ourense Poesías de Don Juan Antonio Saco y Arce, que recolle setenta e seis poemas en castelán e nove en galego, sendo estes de carácter relixioso. En 1881 comezou a publicar literatura popular de Galicia, pero viuse interrompida pola súa morte. Ademais, deixou inéditos uns textos para o Diccionario de Autoridades.