Mestre de Ensino Primario (Escola Normal de Lugo, 1956) e Licenciado en Filosofía y Letras, especialidade Pedagóxica (Universidad Complutense de Madrid, 1961), defendendo a sua Tese de licenciatura en 1962. Ese mesmo ano foi nomeado Xefe do Departamento de Educación en Nutrición do Servicio Escolar de Alimentación na provincia de Lugo, posto que ocupa ata 1965, cando gaña a oposición a Inspector de Ensino Primario e pasa a desempeñar o cargo de Inspector Comarcal de Viveiro (Lugo).
A partir dese momento e ata a súa xubilación desenvolve unha intensa actividade profesional como técnico da Administración educativa do Estado en diferentes institucións dependentes do Ministerio de Educación (MEC):
-1966-1970. Inspector Provincial de Ensino Primario en Lugo. Vicesecretario do Consello de Inspección e Inspector Ponente de Colonias Escolares y Escuelas Hogar.
-1970. Primeiro Delegado Provincial do MEC en Lugo.
-1971. Delegado Provincial do MEC en Cádiz.
-1973. Delegado Provincial do MEC na Coruña.
-1976-1982. Subdirector Xeral de Centros non Estatais da Dirección Xeral de Educación Básica do MEC no primeiro goberno democrático, co Ministro Aurelio Menéndez Menéndez. Ese mesmo ano foi nomeado Director Xeral de Educación Básica do Ministerio, cargo que ocupou durante os seguintes cinco anos, traballando en colaboración cos Ministros Íñigo Cavero Lataillade, José Manuel Otero Novas, Juan Antonio Ortega y Díaz-Ambrona y Federico Mayor Zaragoza.
-1982-1983. Inspector de Educación en Comisión de Servizos na Dirección Provincial do MEC en Madrid, sendo durante ese tempo responsable da organización da Campaña de Centros de Vacacións escolares da Provincia.
-1983-1986. Inspector de Educación en Valencia.
-1986-1989. Inspector de Educación en Guadalajara, e responsable do Sector de Centros Concertados.
-1989. Inspector de Educación en Madrid.
-1990-1991. Conselleiro Técnico de Educación do Concello de Madrid e membro do Padroado do Centro Municipal de Investigaciones Pedagógicas (CEMIP).
-1996-1998. Director do Centro de Investigación y Documentación Educativa (CIDE) dependente do MEC.
-1998-2004. Conselleiro de Educación e Ciencia das Embaixadas de España na Arxentina, Chile, o Paraguai e o Uruguai.
-Creador do CENEBAD (Centro Nacional de Educación Básica a Distancia) en 1979 e creador e impulsor dos denominados Programas Renovados da EXB a partir dese ano.
-Membro do equipo responsable do MEC nas comisión de transferencia de competencias e servizos educativos aos Gobernos das Comunidades Autónomas de Cataluña, País Vasco, Galicia e Andalucía.
-Promotor e responsable directo da reforma da Educación Preescolar e Educación Xeral Básica, co obxectivo prioritario de introducir nos centros educativos os valores democráticos consagrados na Constitución Española de 1978, que deu como resultado a promulgación de numerosas disposicións en forma de Reais Decretos e Ordes Ministeriais entre os anos 1978 e 1982.
-Promotor das Xornadas Nacionais “Estudio de la Inspección de Educación Básica del Estado”, celebradas no Pazo de Mariñán (A Coruña), os anos 1979, 1980 e 1981.
-Promotor e membro da Comisión española na Conferencia de Ministros de Educación (Lisboa, 1982).
- Presidente do Consello Directivo da revista Vida Escolar, editada polo MEC (1976-1982).
-Membro da Comisión de Educación da Fundación para el Análisis y los Estudios Sociales (FAES).
- Membro do Consello de Dirección da Revista de Educación, editada polo MEC (1997- 1998)
- Autor de numerosos informes e documentos técnicos sobre a Ley General de Educación de 1970 e os Programas Renovados, entre os que destacan: La Educación Tecnológica (Pretecnología) en la EGB: objetivos, contenidos, metodología (MEC, 1979); Programas renovados en EGB: Área de Matemáticas (MEC, 1979), Programas renovados en EGB: Educación Artística (I): Música (MEC, 1981).
- Coordenador da Colección “Textos básicos de la Historia Pedagógica Madrileña” (CEMIP, Madrid, 1991).
- Redactor do Estatuto de Centros Educativos del Excmo. Ayuntamiento de Madrid, aprobado por unanimidade por todos os grupos políticos (1990-1991).
- Autor de numerosos artigos en prensa escolar (Vida Escolar, Escuela Española, Magisterio, Razón y Fé, El Maestro Católico), e prensa xeral (El País, Raíces Hispánicas).
- Autor dos prólogos aos libros: Iniesta Corredor, A. (1981: Los gitanos. Problemas socioeducativos. Madrid, Editorial Narcea; e Ramo Traver, Z., Rodríguez Carreño, M. (1997): Guía de organización de los Colegios de Primaria y de las Escuelas Infantiles. Madrid, Editorial Escuela Española.
- Autor de Conferencias publicadas polas Universidades Belgrano y UCES de Buenos Aires.
Condecoracións e distincións:
-1972. Encomenda de Alfonso X El Sabio.
-1973. Fillo Adoptivo da cidade de Lugo.
Académico correspondente da Academia San Romualdo de Ciencias, Letras e Artes de San Fernando. Cádiz.
Socio de Honra da asociación Juventudes Musicales.
1974. Socio de Honra da Sociedad pro-Música de Cámara de Galicia “Manolo Quiroga”. A Coruña.
1977. Cruz do Mérito Naval de Primeira Clase con distintivo branco S. M. El Rey. Ministerio de Defensa.
1980. Medalla ao Mérito da Seguridade Vial con distintivo azul, categoría de Prata. Ministerio do Interior.
Medalla A.I.N. de UNICEF. Año Internacional del Niño.
Medalla de ouro de servizos ao Maxisterio. Sevicio Español del Magisterio
Insignia de ouro con distintivo branco en recoñecemento ao seu labor na Educación Xeral Básica en España; a súa especial atención á Ensinanza da Música e moi especialmente á atención á Unión Musical de Liria (Valencia) e aos seus Órganos de goberno.
1982. Gran Cruz de Mérito Aeronáutico con distintivo blanco, S. M. El Rey. Ministerio de Defensa.
1995. Bolseiro de Honra do Colexio de San Ildefonso. Excmo. Concello de Madrid. Ese mesmo ano concédeselle o seu nome a un colexio comarcal no concello de Tomiño (Pontevedra) coa unanimidade de todos os grupos políticos.
1996. Fillo predilecto de Tomiño (Pontevedra).
1998. Insignia de Ouro do Concello de Xove (Lugo).
2000. Gallego del Año da República Arxentina.
2001. O Colexio Español “Miguel de Cervantes Saavedra” de Montevideo (Uruguai) dedícalle unha aula da que dá testemuño unha placa conmemorativa.
2002. É nomeado Membro Honorario da Asociación Argentino-Hispánica de Medicina y Ciencias Afines.
Medalla da Hispanidade (Federación de Sociedades Españolas da R. Arxentina).
2003. É nomeado membro Honorario do Colexio “Miguel de Cervantes” de Asunción do Paraguai.
Pedro Caselles Beltrán é un gran melómano, apaixoado pola música en todos os seus estilos, especialmente a ópera, o jazz e a música clásica. Lector insaciable e ameno conversador, divide o tempo entre a súas dúas residencias de Benidorm (Alicante) e Madrid, e tamén Tomiño (Pontevedra), a onde acude en periodos estivais.
É un amante do mar, espazo do que ten desfrutado ao longo da súa vida, xa fora no Cantábrico lucense, o Atlántico gaditano ou o Mediterráneo levantino, onde posúe unha embarcación de recreo, de nome “Tomiño”, fondeada en Altea.
Outra das súas afeccións foi a montaña. A práctica do montañismo por España e Europa teno acompañado na súa xuventude, e desa paixón deixa constancia a súa participación no Club Ancares, e da creación do Albergue de Montaña no concello de Cervantes durante su etapa lucense.
Ao tempo segue activo na vida social e cultural, na que tomou parte intensa durante os anos de profesión, agora nunha segunda liña, desde a que segue a ofrecer conferencias, a conceder entrevistas e acudir a actos na esfera social e política.