Víctor Moro Rodríguez


Categoría: Economista
Data de Nacemento: 25 de abril de 1926
Lugar de Nacemento: Ribadeo (Lugo)

Opinión
 Currículum

Entre os distintos cargos que ocupou, destacan: Técnico do Banco de España (1948), interventor do Banco de España (1960), director xeral de Pescanova, S.A. (1962), director xeral de Pesca Marítima, Ministerio de Comercio (1975), deputado por Pontevedra (1977), subsecretario de Pesca e Mariña Mercante, Ministerio de Transportes e Comunicacións (1977-78), director do Banco de España en Barcelona (1980) e subdirector xeral do Banco de España (1989). Actualmente está xubilado.

 Obras realizadas

É colaborador na prensa galega sobre temas económicos e do desenvolvemento de Galicia, conselleiro de Polipropileno de Galicia, S.A., (O Ferrol), conselleiro de Unión Fenosa (Madrid) e conselleiro da Corporación Alimentaria Vima (Vigo).

 Outros datos de interese

Recibiu a Orde do Mérito Constitucional (concedida pola S.M. O Rei), a Placa e Banda ó Mérito Cooperativo do Mar (concedida pola Unión Nacional de Cooperativas do Mar de España), a Cruz do Mérito Naval (concedida pola S.M. O Rei), a Creu de Sant Jordi (concedida polo Presidente da Generalitat de Cataluña) e o premio "Fernández-Latorre" (A Coruña, 1985) sobre a situación enerxética de Galicia.