Herminia Pernas


Categoría: Profesora e escritora
Data de Nacemento: En 1967
Lugar de Nacemento: Burela (Lugo)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto
 Currículum

Doutora en Historia Contemporánea pola Universidade de Santiago de Compostela. A súa liña investigadora xira en torno á historia social de Galicia, da que constitúe un exemplo a súa tese, La condición obrera en Santiago de Compostela durante el siglo XIX, dirixida polo profesor Justo Beramendi. Realizou, así mesmo, achegas a outros campos da mesma disciplina como as dinámicas sociopolíticas e o comportamento das elites urbanas ao longo so século XX, os movementos migratorios, a historia do ocio e a historiografía de xénero. En 2002 obtivo o Premio Xohana Torres de Investigación do Concello de Santiago, cun estudo sobre a muller compostelá entre finais do século XIX e o primeiro terzo do XX. En 2008 gañou o 2º Premio no I Certame Máximo Sar de memoria popular do Concello de Caldas de Reis, co traballo titulado “De Carmiña a Doña Carmen”. Unha experiencia de vida. Ten pronunciado conferencias e presentado relatorios en congresos nacionais e internacionais. Formou parte de varios proxectos de investigación, na USC e no Museo do Pobo Galego. Impartiu cursos de doutoramento na Facultade de Xeografía e Historia (USC) entre 1999-2007.
Desde 2007 titoriza cursos na PLATEGA (Xunta de Galicia). Exerce a súa labor docente como profesora de Ensino Secundario.

 Obras realizadas

-Historia das mulleres en Galicia. Época Contemporánea (2011).
-Esquecidas pola historia: as mulleres compostelás entre finais do século XIX e o primeiro tercio do XX (2003).
-Las clases trabajadoras en la sociedad compostelana del siglo XIX (2001).
-Dirigió la edición de A gandaría, tesouro de Galicia (2006). Con X.L. Balboa editó el volumen colectivo Entre Nós.
-Estudios de arte, xeografía e historia en homenaxe ó profesor Xosé Manuel Pose Antelo (2001).
Así mesmo, ten no seu haber un nutrido repertorio de artigos e colaboracións en publicacións colectivas e periódicas.