Estudiou no Colexio de Prácticas ANEJA, no Instituto Masculino (hoxe "Lucus Augusti"), no "Virxe dos Ollos Grandes" e finalmente na Escola Universitaria de Maxisterio na especialidade de preescolar (hoxe Educación Infantil).
A súa carreira deportiva comeza como xogador nas categorías inferiores da S. G. Comercial-Estudiantes de Lugo ata os 18 anos, momento no que deixou a práctica activa do fútbol a causa dunha lesión e comezou os cursos para obte-lo título de adestrador. Foi adestrador de diferentes equipos, tanto de Galicia como de fóra. Entre os máis destacados están: S.D. Castroverde, C.D. Quiroga, C.P. Mérida, U.D. Xove-Lago, S.D. Mindoniense, Real Murcia, C.D. Endesa-As Pontes, C.D. Lugo...
No seu momento foi un dos adestradores máis novos de España en obte-lo carné (22 anos). Desde os 24 anos colabora coa Escola Galega de Adestradores como profesor nas disciplinas de Técnica e Táctica.