De seu pai, fotógrafo, aprendeu os misterios da luz e a expresión dos retratos. Estudiou na Academia de San Fernando (Madrid), onde tivo a Julio Romero de Torres como profesor e a Salvador Dalí como compañeiro. Ó finaliza-los seus estudios exerceu como profesor, fundou unha revista cultural e iniciou unha intensa carreira artística. En 1936, foi encarcerado polo seu apoio a obreiros e anarquistas. En prisión pintou vintecatro retratos dos seus compañeiros presos que posteriormente foron entregados ós fillos e viúvas dos fusilados. En 1940, casou cunha farmacéutica de Granada e estableceuse alí.
A súa obra é moi extensa. Destacan sobre todo os seus Cristos crucificados e os retratos. Ademais, tallou coa axuda dalgúns amigos un busto de pedra de Valle-Inclán que foi inaugurado nos xardíns das Palmeiras de Pontevedra semanas antes do alzamento militar. Ó chega-lo franquismo fixeron desaparece-la talla.