Diplomado en Graduado Social en 1993. Foi secretario xeral da Confederación Xeral de Traballadores Galegos desde 1988 a 1993 e secretario xeral da Confederación Intersindical Galega (CIG) desde 1994.
Escribiu múltiples artigos nos medios de comunicación en relación coa temática socioeconómica e laboral. Participou na elaboración das publicacións sindicais "Eixo","Adiante" e actualmente no xornal da CIG Tempo Sindical.
Recibiu o premio de "Galego do Mes" de abril/1990 do xornal El Correo Gallego.