O seu interese polo galeguismo fixo que abandonase o seu traballo como viaxante. Xa en 1918 participa na asemblea nacionalista de Lugo. Posteriormente participa nas Irmandades da Fala e funda o Partido Galeguista, sendo membro do consello executivo. Colaborou co periódico A Nosa Terra e chegou a ser o director. Cando se produciu o levantamento do 18 de xullo foi condenado a morte e fusilado en 1936.
A pesar da súa corta vida, Víctor Casas foi unha figura clave do galeguismo. Escribiu varios artigos de carácter periodístico, que non chegaron a publicarse