María José Leira Ambrós


Categoría: Pintora
Data de Nacemento: En 1948
Lugar de Nacemento: Ferrol (A Coruña)
Correo electrónico: 
Formulario de contacto

   Cultura
 Currículum

A partir dos trece anos aprende a debuxar e a pintar asistindo a clases de distintos pintores locais, facendo a súa primeira exposición individual aos 21 anos. Nese momento, unha serie de problemas persoais afástana durante doce anos da pintura e en 1978 obtén a licenciatura en Bioloxía pola Universidade de Santiago de Compostela. Posteriormente retoma a pintura e fai diversos cursos de gravado, actividades que desde entón comparte a diario coas súas clases no Instituto Concepción Arenal de Ferrol.

 Obras realizadas

EXPOSICIÓNS INDIVIDUAIS:

-1990: Sala do Ateneo (Ferrol).
-1992: Sala da Deputación (Lugo).
-1994: Sala do Ateneo (Ferrol).
-1995: Casa da Cultura (Vilagarcía de Arousa).
-1996: Sala da Fundación Araguaney (Santiago).
-1997: Salsa Rosa Mota, Pazo de Cristal (Porto).
-1998: Sala do Palacete (Cedeira).
-1999: Centro Cultural Torrente Ballester (Ferrol).
-2000: Claustro de San Francisco (Viveiro).
-2001: Hotel Trip ‘María Pita’ (A Coruña), Sala Municipal (Pontedeume) e Sala ‘Xosé Rey Lago’, Museo dos Muíños (Culleredo).
-2002: Biblioteca González Garcés (A Coruña) e Biblioteca Nodal (Lugo).
-2003: Sala de exposicións Porto de Ferrol.
-2004: Hotel NH Principado (Oviedo).
-2006: Sala áncora da Fundación Municipal Villabrille (Cedeira).
-2007: Centro Cultural Carvalho Calero (Ferrol).
-2008: Casa da Cultura de Valdoviño.

EXPOSICIÓNS COLECTIVAS:

-1991: "Fritura" Artes plásticas, Ateneo Ferrolano.
-1994: "Galice en AI’’, Lorient (Francia).
-2000: "Subasta Millenium", Hostal dos Reis Católicos (Santiago) e ‘Sete pintoras’, Casa da Cultura de Fene.
-2001: "25 Anos de Patrimonio", Ateneo de Ferrol.
-2002: "Pintura de la mar", Porto de Ferrol e "A muller na pintura", Porto de Ferrol.

OUTRA OBRA GRÁFICA:

-Cartel para o Concurso-Exposición de fotografía "A muller en imaxes", Concello de Pontedeume en colaboración con Caixa Galicia (marzo de 2001).
-Díptico para "Atención Xurídica á Muller", Servizos Sociais en colaboración coa Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.
-Díptico e cartel para o "Día internacional de loita contra a violencia das mulleres", Concello de Pontedeume en colaboración coa Deputación da Coruña.
-Cartel e portada do libro "IX Xornadas Galegas sobre condicións de traballo e saúde", Fundación Caixa Galicia (2003).
-Almanaque 2007 da asociación de veciños "Rosalía de Castro" (A Graña).
-Portada da revista "Idea" nº 13, Xunta de Galicia (2007).

 Outros datos de interese

ALUSIÓNS Á SÚA OBRA:
-‘La pintura de Leira’. La Voz de Galicia. 29-5-1992.
-‘Pintar y enseñar’. La Voz da Galicia. 3-10-1993.
-‘Leira Ambrós, unha pintora vocacional’. José M. García Iglesias, El Correo Gallego. 13-12-1996.
-‘Resonancias pictóricas seculares de la muestra de María José Leira’ Xoán Álvarez. Ideal Gallego. 7-12-1996.
-‘Presentación catálogo exposición Centro Torrente Ballester’ José Manuel García Iglesia. 1999.
-‘María José Leira en el Hotel Tryp María Pita’ Catálogo de presentación. Alfredo Erias. 2001.
-‘María José Leira lleva el hechizo de sus creaciones a Pontedeume’, Diario de Ferrol. 11-8-2001.
-‘Catálogo de presentación exposición Concello Pontedeume’ Manuel Rei Romeo. Agosto 2001.
-‘A pintura de María Xosé Leira’.Catálogo de presentación. Carlos Pereira Martínez. Xaneiro 2002.
-‘A pintura de Leira’, EL Correo Gallego’, José Manuel García Iglesias.18-7-2002.
-‘Catálogo de exposición itinerante’ J. Pérez Varela. M.C. García Campelo E J.M. García Iglesias. 2002.
-‘O soño e a razón’. Catálogo de presentación. Eduardo Fra Molinero. Abril 2003.
-‘Guía de Artistas de Galicia’, Xunta de Galicia. Consellería de Cultura. 2003.
-'Pintar la identidad', Catálogo de presentación de José A. Ponte Far. Concello de Ferrol. 2007.