Datos Académicos:
- CENP (centro Adsc.) Universidade da Coruña. Técnico Superior en RRPP, Publicidade e Marketing CENP (adsc.UDC).
- Universidade Nacional de Educación a Distancia. Diplomatura en Empresas e Actividades Turísticas.
- Universidade da Coruña. Curso Aptitude Pedagóxica (equivalente Máster Pedagóxico).
- Universidade de Santiago de Compostela. Licenciatura en Humanidades.
- Universidade da Coruña. Diploma U. de Estudos Avanzados de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración. (Obtivo a suficiencia investigadora)
- Universidade de Santiago de Compostela. Doutora en Administracións e Institucións públicas e Estudos Internacionais, obtido cunha tese en Dereito político.
- Outros: Múltiples cursos e estudos de investigación oficial no eido da Administración, Xestión de empresa, Estratexia empresarial, Educación, Responsabilidade Social Corporativa (RSC) Empresarial (RSE), turismo sostible, estratexia, economía circular, desenvolvemento sostible con especial perfeccionamiento no ODS5.
A súa fortaleza reside na súa capacidade de deseñar e liderar estratexias sobre todo en entornos VUCA. As habilidades de negociación asertiva e capacidade adaptativa como Knowmad ante retos en distintos contextos, actividades e lugar para dar solucións a empresas, institucións e organizacións, combinanse cos seus coñecementos e metodoloxías no ámbito da docencia, a investigación e a organización e dinamización de equipos.
Todo elo, dende un enfoque no que a xestión do cambio ten a súa peza principal no capital humano das organizacións. Estratexia comunicativa e construción reputacional.
Nos últimos anos (a modo de compromiso persoal) investiga, ademáis, escribe e pública sobre a problemática xurídica e competencial das normativas de igualdade e violencia machista e desenvolvemento do ODS5. Especializouse en dereitos laborais de mulleres vítimas de violencia machista. Convertíndose na principal experta destas investigacións. Esto supuxo distintos recoñecementos, entre eles, o interés e recoñecemento da Raíña polas súas publicacións (Elena foi vítima de violencia machista e as súas fillas de violencia vicaria/extensión).
Candidata polas súas investigacións aos Premios Princesa de Asturias 2022 na categoría de Premio Concordia pola defensa do ODS5.
Experiencia profesional:
- Ex Directora da Cátedra Internacional do Banco Santander de RSC da Eurorexión; Galicia-Norte de Portugal, conformada por 6 universidades (Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Do Porto, Do Miño e Tras-os-Montes e Alto Douro) a única en España e Portugal destas características. Ata o mes de xulio do 2018, que finaliza a financiación deste proxecto. Ata finais do 2018.
- Membro integrante da direción de Red de Cátedras de Responsabilidade Social Corporativa (RSC), Responsabilidade Social Empresarial (RSE) e Responsabilidade Social Universitaria (RSU) de España e do Comité da Rede de Cátedras de Responsabilidade Social Corporativa Banco Santander. Ata finais do 2018.
- Membro do Catálogo da Consellería/Ministerio de Igualdade como experta-académica galega no ámbito do RSC/E e economía circular, turismo sostible, outros...
- O CERSE (Consello Estatal de Responsabilidade Social das Empresas órgano adscrito ao Ministerio de Traballo) 2016 Candidata, como experta, á renovación do Consello. Pendente de renovarse. Participante no libro de expertos no que se abordan os puntos de vista dos mellores profesionais, como os principais conocedores da Responsabilidade Social en España. A súa aportación titúlase: RSE: Alianza estratéxica; Empresa & Sociedade.
- Ex Delegada en Galicia de DIRSE (Asociación Española de Directivos de Responsabilidade Social).
- Ex Membro da Fundación CEER (Centro de Estudos Europeos Rexionais); Rede de Universidades Galicia-Norte de Portugal. Está constituido polas universidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Do Porto, Do Miño e Tras-os-Montes e Alto Douro, que conforman a composición académica da Eurorexión de Galicia e o Norte de Portugal e apoiadas por múltiples institucións de ambos países, en calidade de asesora/promotora na área de RSC/E, turismo, internacionalización, e outros. Nesta Fundación foi a responsable da xestión de proxectos e de todas as relaciones institucionais, empresariais e académicas. O seu traballo tiña como obxectivo interrelacionar o mundo académico, empresarial e institucional da Eurorexión e todas as conexións con outros países europeos e Iberoamérica. Outro dos obxectivos foi o deseño, redación e presentación ante os directivos e representantes dos seguintes proxectos: Proxecto de innovación social O océano da inovación social. 'The ocean of social innovation' en calidade de directora. Sentir común: A nosa universidade. Proxecto universitario de emprendemento responsable. Entidade financeira Abanca. Análise da xestión municipal baixo Indicadores de RSC (150 concellos de España) e outro sobre a Implantación de medidas e o impacto económico e medioambiental que supón a Economía Circular nos concellos de España. Presentación ao presidente da FEMP. 2011.
- Ex Directora do proxecto empresarial Global Know-How GREEN. Consultora especializada en know-how e trasferencia de coñecemento de xestión de estratexias turísticas sostibles, implantación e desenvolvemento de RSC/E, xestión de rentabilidade e internacionalización. 2016
- Directora de contas Consultora IN THE MOVE especializada en sostenibilidade e RSE.
- Relación de colaboración como experta independiente co Dep. de Internacionalización do IGAPE, Consellería de Traballo e Dir. Xeral de Turismo da Xunta no ámbito da transferencia de coñecemento del Know-how na direción e asesoramento de estratexias, proxectos e iniciativas turísticas, desenvolvemento sostible, RSE e internacionalización. 2015
- Relación de colaboración en traballos de asesoramento/direción en proxectos de sustentabilidade turística e RSC con distintos organismos e institucións como a Generalitat Valenciana na posta en marcha nova lei Sustentabilidade 2017.
- Relación de colaboración dende 2013 con AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación de España, con presencia en países de Iberoamérica e Europa) como colaboradora/asesora en proxectos de sustentabilidade e inovación, turismo sostible, desenvolvemento e RSC/E. Así como, colaboración, en proxectos institucionais presentados por AENOR como o encargado pola Xunta en coordenación coa Embaixada española en Cuba e o Ministerio de Cultura de goberno cubano. La Huella de España. 2015 La Habana. Así, como outros do ámbito do turismo sustentable sobre O Camiño de Santiago co goberno portugués. Lisboa 2018.
- Participación en múltiples reunións, xornadas e foros sobre desenvolvemento sostible, responsabilidade social corporativa e empresarial, igualdade, inovación social e economía circular e con especial desenvolvemento no ODS5.
Proxectos nos que participou:
- A Rede Transrexional de Impulso da RSE, é unha iniciativa pública transrexional promovida pola Direción Xeral de Traballo e Economía Socia da Consellería de Traballo e Benestar, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, FSE Programa Operativo 2007- 2013 Eje4. Xunta de Galicia, Goberno de Navarra, Cabildo Insular de Tenerife, Uniminho/Asociación do Val do Minho Transfronteirizo Goberno de Extremadura. Elaboracion da “Guía da Responsabilidade Social Empresarial do Sector Turismo" 2015.
- O proxecto europeo “Framework Contract FPI/PSF/2015 – Lot 4” e para os términos de referencia “Promoting Corporate Social Responsibility (CSR) and Responsible Business Conduct (RBC) in Latin America and the Caribbean – Pilot phase nun consorcio europeo para trasladar Know-how de Responsabilidade Social sendo a candidata española neste proxecto europeo por parte do Centro Tecnolóxico AINIA (Valencia) 2016.
- O programa INTERREG EUROPE PROYECTO ROAS CSR. Dende o goberno Extremeño demandase que en calidade de experta en temas de RSC/E. A Junta de Extremadura, a través da Dirección Xeral de Traballo, participará neste proxecto europeo a través da Dirección Xeral de Traballo 2017.
- O proxecto USR-NET, European Network of Socially Responsible Universities con CONEXXEurope, partner da Universidade Libre de Bruselas e a Rede de Cátedras de RSC Banco Santander. 2018.
- Proxecto de investigación para o Instituto Nacional de Administración Pública do Ministerio de Política Territorial e Función Pública. Título do proxecto: RESPONSABILIDAD SOCIAL EMPRESARIAL TURÍSTICA VERSUS COVID-19. Investigador principal: Humberto Gosálbez Pequeño. Segunda investigadora: Elena del Pilar Ramallo Miñán Universidade de Córdoba 2020-21.
- Membro do Grupo de Traballo da Comunidade de Madrid para a Reconstrucción da COVID-19 con DIRSE. 2021
Outros proxectos:
- Proxectista e directora de 1º plataforma dixital galega de turismo ABALARGALICIA.COM 2009.
- Proxecto de desenvolvemento de RSC no mundo do viño para o Instituto Galego do Viño 2016.
- Estudo, deseño e creación dunha Unidade de RSE para o principal Centro Tecnolóxico de investigación alimentaria e bebidas (AINIA) de España. 2015.
Estudos, Informes e Publicacións:
- Elaboración e direción da investigación e redacción do estudo de perfiles socio-políticos (período de estudo 30 anos).
- Elaboración, direción e redación do Primeiro Estudo-análise de Turismo de Cruceiros de Galicia, analízase peso económico, notoriedade turística, perfiles dos cruceiristas...) e outros de menor entidade (normativos, de creación de marcas, albergues....) encargados pola Secretaría Xeral de Turismo de Galicia. 2009/11 (período de estudo 11 anos).
- Redactora do proxecto O Sabor do Camiño para o desenvolvemento dunha aplicación gastronómica para a ruta Xacobea galega. Este proxecto galego de I+D+i de ámbito turístico en colaboración asistencial cun restaurador estrela Michelin. 2009.
- Redación e direción doeINFORME para o Observatorio da Xunta (Secretaría Xeral de Traballo) da Aplicación da responsabilidade Social Empresarial nas Empresas con actividade en Galicia. O universo de estudio foron as empresas con actividade en Galicia. Partiuse dunha base de datos de 65.000 micro, pymes e grandes empresas, foron selecionadas 3.000 empresas para proceder ás enquisas. A mostra final foi deseñada tendo en conta a estrutura empresarial das empresas en Galicia en canto ó sector económico, tamaño e provincia. O número total de respostas obtidas foi de 540. Os obxectivos de dito estudo foron os seguintes: - Coñecer as diversas estratexias, políticas e medidas relacionadas coa RSE levadas a cabo polas empresas con actividade en Galicia. - Analizar o impacto das medidas de RSE no desempeño organizacional das empresas con actividade en Galicia. - Coñecer a valoración que fan as empresas das medidas levadas a cabo pola Administración Pública en materia de RSE. - Valorar se as políticas desenvolvidas pola Administración galega en materia de RSE conseguen os obxectivos para os que se deseñaron. 2012.
- Deseño do proxecto de economía circular aplicado en distintas etapas educativas a desenvolver inicialmente coa Conserllería de Educación da Xunta de Galicia ampliable ás CCAA. Presentado por petición de Ecoembes.
- Estudo Economía Circular nos Concellos de España con aplicación de indicadores de medición nos enfoques da concienciación RS cidadá, sostible/medioambiental, de rendabilidade económica ou financeira, reputacional da aplicación da EC. Presentado por petición de FEMP.
- Libros e publicacións académicas e/ou especializadas en turismo, administración, economía e colaboradora columnista en medios de comunicación e revistas/xornais de economía e política.
Libros:
- La realidad social y la democracia ISBN: 978-1-4452-9716-3.
- Los derechos fundamentales y los valores de los textos legislativos europeos ISBN: 978-1-4452-9713-2.
- Manual Básico de Derecho turístico. ISBN: 978-84-309-5854-2 Ed. Tecnos.
- Treinta años de parlamentarios gallegos (1981-2011) ISBN: 978-84-697-1361-7 Centro de Estudios Euroregionales Galicia Norte de Portugal.
- La elite parlamentaria gallega: Las variaciones en los perfiles socio-políticos de los diputados desde el arranque de las autonomía gallega hasta la VIII legislatura. Publicaciones Universidad de Santiago Compostela.
- Nueve necesarios debates sobre la Responsabilidad social (obra colectiva) Título del capítulo: Alianza Estratégica Empresa &Sociedad. ISBN: 978-84-9045-778-8 Ed. Comares.
Artigos académicos:
- La voz de la elite normativa turística: Inspección turística. El caso gallego pág.251/260. Revista: PASOS. Revista de Turismo y Patrimonio Cultural 2015.
- El guía turístico diferencias y similitudes entre Comunidades Autónomas pág.499/510. Revista: Cuadernos de Turismo 2015.
- La responsabilidad social y el turismo sostenible; responsable pág.19/25. Revista: Revista Internacional de turismo y Empresa RITUREM 2017.
Investigacións e publicacións académicas relacionados co ODS5:
As Guías de Dereitos Laborais para Vítimas de Xénero, as primeiras que se redactaron sobre este aspecto. Nestas que se recollen: Lexislación e normativa aplicable aos dereitos das vítimas de xénero e deberes delas na Administración Pública e da Empresa, beneficios fiscais para as empresas que contraten, os protocolos de actuación, procesos de implantación, seguemento e autoría... esta última parte (procesos de implantación, seguemento e autoría).
- Guía de boas prácticas de Responsabilidade Social de Xénero (RSG) en Igualdade e Violencia de Xénero para a Administración pública.
- Guía de boas prácticas de Responsabilidade Social de Empresa (RSE) en Igualdade e Violencia de Xénero para a Empresa.
Problemática laboral das vítimas de xénero: desaxustes competenciais e xurídicos. É a primeira investigación deste tipo publicada en España As normativas e regulacións dirixidas a loitar contra a Violencia de Xénero deberían de ser revisadas e modificadas para ser efectivas e evitar a vulneración destes por parte dos empresarios ou as Administracións públicas. O ámbito laboral das vítimas é fundamental pola importancia que ten o traballo para reconstruir a vida e permitirlle a unha muller, na súa meirande parte anulada, sometida e cautiva, ser independente. Revista académica/xurídica Acta Xudicial, xaneiro 2022.
Violencia de extensión ou vicaria: Medidas normativas urxentes para unha execución inicial que dirixo, estase realizando en convenio coa Federación do Consello Nacional de asociacións de Mulleres e Menores resilientes da Violencia de Xénero e será publicada a principios do próximo ano e aportará unha serie de medidas urxentes para evitar asasinatos machistas e filicidios. Pauta para a redación da futura Lei Org. Revista académica/xurídica Acta Xudicial xaneiro 2022.
Violencia Institucional; La Otra Muerte. Este estudo, indaga e aportará iniciativas e medidas para levar a cabo e limitar a violencia institucional que sufrimos as mulleres e os nosos fillos en sede xudicial. A existencia deste maltrato está avalada por miles de denuncias presentadas ante o Defensor do Pobo, e cuios dictámenes e numerosas recomendacións son desoídos a diario, a pesar da elevada lesividade que esta violencia lles supón ás vítimas. Este maltrato, asimesmo, está recoñecido polo propio CGPJ, que chegou a publicar unha guía de boas prácticas e recomendación para os xuices. (En elaboración publicación prevista xullo de 2022).
(*) As dúas últimas investigacións desenvolvéronse trala firma dun convenio coa Federación do Consello Nacional de asociacións de Mulleres e Menores resilientes da Violencia de Xénero co fin de facilitar datos que permitan realizar as investigacións. Os datos facilitados serán tratados nos términos establecidos no RGPD. Garántese a proteción e confidencialidade dos datos e que o seu único uso e fin será a realización da investigación referenciada
Artigos breves:
Os fallos do Sistema xudicial na Lei de Violencia de Xénero: O decálogo necesario para evitar máis mortes ou Os fallos do Plan de Estado de Violencia de Xénero na proteción da vida das vítimas de xénero.
Docencia:
- Coordenación e docencia Máster interuniversitario Rendabilidade da Responsabilidade Social Corporativa Cátedra Internacional RSC Banco Santander da Eurorexión; Galicia-Norte de Portugal 6 universidades (Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Do Porto, Do Miño e Tras-os-Montes e Alto Douro).
- Na Escola de Turismo da UDC. Diplomatura Empresas e Actividades Turísticas, Grado en Empresas Turismo e na Doble Titulación en Ciencias Empresariais e Turismo.
- Curso Programa Superior de Dirección e Xestión de Empresas do Sector Turístico. Lexislación e normativa turística aplicable. Escola Galega de Administración Pública.
- Curso para os Inspectores de turismo da Escola Galega de Administración Pública Xunta - Curso Transferencia I+D+i de aplicación á xestión empresarial na Eurorrexión Galicia Norte Portugal (6 universidades e Cámaras de Comercio de Galicia e Norte Portugal).
- Direción e coordenación do curso “El Retorno económico y social de Responsabilidad Social: Oportunidades empresariales de la RSE” Cátedra Internacional RSC Banco Santander da Eurorexión; Galicia-Norte de Portugal 6 universidades en coordenación coa U. Complutense.
- Curso 'La Economía circular y su Financiación'. Universidade de Alcalá -En Máster RSE Universidade de Murcia.
- Consellería de Educación en Ciclos Formativos das especialidades de Hostalería e Turismo e Organización de Empresas/ Comercio exterior/ Procesos administrativos e Organización de empresa. 2021
- Cursos e másteres, conferencias e organización en Cursos de Verán coa Universidade de Gerona, U. Santiago de Compostela, U. Vigo, U. A Coruña, U. Do Porto, U. Do Miño, U. Tras-os-Montes e Alto Douro, U. Málaga, U. de Alcalá, U. Católica San Antonio de Murcia, U. de Castilla-La Mancha, U. Francisco de Vitoria, U. Alicante, U. Córdoba, U. Pública de Murcia e U. de Salamanca.
- Investigadora colaboradora externa da Aula Universidade e Empresa (UCOTUREM), organismo creado co fin de potenciar accións do Plan de Acción de Empresas, Turismo e RSE. Universidade de Córdoba. 2015.
Cargos institucionais, Xurados e Tribunais:
- Experta académica do Consello Rector do Turismo de Galicia. Goberno de Galicia. DOG. RESOLUCIÓN do 16 de abril de 2013, da directora de Turismo de Galicia, pola que se dispón o nomeamento de membros do Consello do Turismo de Galicia.
- Proposta como un dos dous expertos (financeiro e sustentabilidade), no seu caso de sustentabilidade, para a creación do Observatorio do Metal para a zona de Galicia e Norte de Portugal ASIME. Proxecto en construción.
- Representante no Consello Social da USC en Entes locales en planificación e organización nos departamentos de Turismo, Cultura e Patrimonio. 2009.
- Membro do Xurado de Premios de investigación RSC do Banco Santander Cada ano dende a súa creación 2013 ata 2018.
- Membro do Xurado de expertos internacionais dos IX Premios Corresponsables en Iberoamérica de RSE e desenvolvemento sustentable.
- Membro do Tribunal de Premios de ensaios académicos RSC do Banco Santander, cada ano dende a súa creación. 2013 ata 2018.
- Membro de diversos Comités editoriais, entre outros, da Revista Internacional de Turismo e Empresa. RITUREM e científicos de universidades do Comité Editorial a Red de Cátedras de RSC/U/E do Banco Santander e Santander Universidades, así como, de tribunais de evaluacións, xurados e premios de investigación de RSC de distintas organizacións e entidades.
- Tribunal de Teses doutorais.
- Candidata española a GREVIO.
Candidata polas súas investigacións aos Premios Princesa de Asturias 2022 na categoría Premio Concordia pola defensa do ODS5.
Conferencias e charlas (algunhas):
- Poñente da conferencia 'Responsabilidad Social Universitaria y Género en el curso: La Evaluación del Impacto de Género en programas y proyectos de cooperación'. 2014.
- Poñente da conferencia 'Gestión de Riesgos y Oportunidades Empresariales desde la RSE' xornadas organizadas pola Direción Xeral de Traballo do goberno galego. 2015
- Poñente da Guía RSE & Turismo para a Consellería de Traballo en colaboración coa Axencia de Turismo sobre RSE no sector turístico. 2015.
- Conferencia 'La rentabilidad financiera y social de la RSC' en Cidade Financiera Banco Santander con Dr. Juan Almagro referencia nacional e internacional da RSE. 2015
- Poñente no Encontro anual da Rede de Cátedras Santander de Responsabilidade Social organizado pola Universidade de Gerona (10 universidades españolas e 3 portuguesas) e a Asociación Española de Directivos de Responsabilidade Social 2015
- Poñencia en Xornada 'La RSE debe llegar a las pymes y la sociedad', organizada pola Secretaría Xeral Económica goberno galego. 2015
- Poñencia III Encontro Transfronteirizo España-Portugal de RSE Para empresas e Universidades de España e Portugal con Forética e Grace. Braga 2016.
- Participante con DIRSE na organización de Transversa, con Corporate Excellence e Dircom con asistencia da Ministra de Traballo 2016.
- Conferencia sobre o papel da muller na sociedade. Crease un plantexamento para a reflexión colectiva sobre a principal e única medida preventiva contra o machismo e da violencia de xénero: a educación de seres iguais e libres. “Non intentes domesticarme... nacín para ser libre. Son unha muller”. Organizada pola Universidade de Córdoba 2016.
- Na presentación do Informe Económico do Foro Economía de Galicia en ABANCA que conta coa asistencia do Presidente e Conselleiro de Facenda e empresarios de todos os sectores de Galicia e Portugal. 2016.
- Poñente e moderadora na mesa “Comunicación Responsable e ODS” no 'Encuentro Contribuir desde la Comunicación y la RSE a los ODS'. 2017.
- Poñente na mesa de Inversión Socialmente Responsable no curso de verán de RSC da Universidade de Salamanca, modera a mesa de Inversión Socialmente Responsable 2017.
- Poñente da conferencia Alianzas estratéxicas nas xornadas “Estratexia sustentable” 2017.
- Poñente no VIII Encontro da Rede de Cátedras Santander de Responsabilidade Social organizado pola Universidade de Alcalá (10 universidades españolas e 3 portuguesas) e a Asociación Española de Directivos de Responsabilidade Social. 2017.
- Poñente no I Encontro Cátedras de Responsabilidade Social de España organizado polas Universidades de Alicante e Murcia (15 universidades españolas e 3 portuguesas) 2017.
- Participante con DIRSE na organización de Transversa, con Corporate Excellence e Dircom coa asistencia da Ministra de Sanidade 2017.
- Poñente Foro ABANCA Responsable “Economía Circular”. Participación. 2018
- Poñente “Papel del Dirse”. Foro ABANCA/ Corresponsales ODS e Situación actual e futuro da Axenda 2030. 2019.
- Participante con DIRSE ea organización de Transversa, con Corporate Excellence e Dircom con Xestión de Riscos non financeiros. Desenvolvemento cliente e empregado en claves de sustentabilidade interna /externa. 2019
- Conferencia sobre xénero, “La evaluación del impacto de género en programas y proyectos de Cooperación Universitaria al Desarrollo”, organizado pola Universidade de Córdoba e GE.FE.GÉ e o Concello de Córdoba 2017.
- Conferencia “Los techos de cristal” dende a chegada de mulleres ao ámbito universitario en España ata a actualidade. Realizábase unha análise dende o punto de vista da RSU en relación co espacio das mulleres na universidade e os seus órganos de goberno. 2017.
- Codirectora e conferenciante en Xornadas Universitarias sobre Empresas e Dereitos Humanos: o Plan de Acción Nacional de Empresas e Dereitos Humanos”. Universidade de Córdoba 2018.