Víctor Campio Pereira González


Categoría: Mestre, escritor e xornalista
Data de Nacemento: 15 de xullo de 1928 († 24 de xulio de 2018)
Lugar de Nacemento: Maside (Ourense)
 Currículum

Estudiou no Seminario e na Escola Normal de Maxisterio da súa cidade, exercendo de mestre en Galicia, Castela e Levante. Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade Complutense de Madrid, pasando a formar parte do INEMAD. En Madrid fundou as revistas "Aula I" e "Tagore" con fins educativos. Colaborou durante cinco anos nos suplementos pedagóxicos da revista "Escuela Española".

 Obras realizadas

Iniciouse na poesía con publicacións nas revistas "Mirador Galaico" e "Posío, Arte y Letras" de Ourense.

Poemas seus apareceron tamén nas revistas "Alcazaba" de Tetuán, "Trevo" de Ourense, "Dorna" de Santiago, "Cadernos de Támega", "Anto" de Portugal, "Zurgai" de Bilbao, etc...

Autor do libro O ar que nos leva (poesía, 1987) e de Baixo o sol do Magreb (novela, 1998), así como de libros colectivos como Sete Poetas Ourensáns 1992) e Poesía dos aléns (1993) do Grupo Dolmen.

Colaborou en xornais como La Región de Ourense, Noti-Tarde de Valencia (Venezuela), El Espectador de Valencia (Venezuela), Galicia de Bos Aires, etc...

 Outros datos de interese

Acadou os premios "Biblioteca Endesa" (A Coruña, 1977), "Festas da Peregrina" (Pontevedra, 1977), "Festas da Luz" (A Rúa, Ourense, 1980), "O Nadal" (Begonte, Lugo, 1992), e "Modesto R. Figueiredo" de narrativa (Santiago, 1988).