Doutora en Filosofía e Letras. Sección de Filoloxía Románica. Licenciada en Filosofía e Letras. Sección de Filoloxía Románica: Español. Licenciada en Filoloxía. Sección de Filoloxía Hispánica. Galego-Portugués. Catedrática de Didáctica da Lingua e a Literatura na Escola Universitaria de Formación do Profesorado. Universidade de Santiago de Compostela. Cargos: Ex-directora do Departamento de Didáctica da Lingua e a Literatura da Universidade de Santiago de Compostela.
LIBROS PUBLICADOS: “Luis Pimentel. Obra inédita o no recompilada”, Excma. Deputación de Lugo, Lugo (1981). “Armando Cotarelo Valledor. Teatro Histórico e Mariñeiro (Hóstia, Beiramar e Mourenza)”, Edición, introdución e notas, Ediciós do Castro, A Coruña, 1981 (Reimpresión en 1984). “O teatro de Xesús Rodríguez López. Estudo e textos, por A. Herrero e A. Marco”, Ediciós do Castro, A Coruña (1988). “Sobre Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro e Carballo Calero. Apontamentos de Filoloxia, Crítica e Didáctica da Literatura”, Ediciós do Castro, A Coruña (1994). “Estudos sobre Emilia Pardo Bazán e recompilación de dispersos”, Excma. Deputación Provincial de Lugo, Lugo, 2004. (2005: Edición en: www. cervantesvirtual.com). “Unha cidade e un poeta (Lugo e Luís Pimentel)”, Excma. Deputación Provincial de Lugo, Lugo (2007). É autora tamén de distintas monografías, capítulos de libros en volumes colectivos sobre lingua, literatura e didáctica, e estudos e ensaios en revistas como Grial, Lenguaje y textos, O Ensino, Agália, A trabe de ouro, Revista Galega de Teatro, Casahamalet, Nós. Revista de lusofonía, Turia, etc... É autora, así mesmo, de artigos publicados en diferentes xornais como El Correo Gallego e El Progreso.
Ditou conferencias en distintas universidades e foros nacionais e estranxeiros. Participou en distintos congresos, simposios e seminarios nacionais e internacionais, ben nos comités científicos ou organizadores, ben como conferenciante, poñente, comunicante ou como editora das respectivas actas. Formou parte, así mesmo, do consello asesor e comités científicos e de redacción de diferentes revistas hispánicas. Participou en distintos xurados de premios de investigación lingüística e literaria ou de creación, e figuraba en diferentes xuntas directivas de asociacións hispánicas.