Afonso Becerra


Data de Nacemento: En 1973
Lugar de Nacemento: Becerreá (Lugo)
 Currículum

Actualmente exerce a docencia na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Pertence ao Consello Asesor do CDG (Centro Dramático Galego) e ao Consello de Redacción da RGT (Revista Galega de Teatro).
É Master en Artes Escénicas pola Universitat Autònoma de Barcelona (2003). Licenciado en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia (2000) pola Escola Superior d’Art Dramàtic do Institut del Teatre de Barcelona. Titulado en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación (1996) polo Instituto del Teatro y de las Artes Escénicas do Principado de Asturias. Cursa estudos de música durante sete anos nos Conservatorios de Lugo e Xixón (Asturias). Participa na International School of Theatre Anthropology (2004) que dirixe Eugenio Barba.
Desenvolve a actividade profesional nos eidos da Dirección Escénica, Dramaturxia e Interpretación en: Teatro Jovellanos de Gijón, Campoamor de Oviedo e Palacio Valdés de Avilés (“La doma de la furia”, 1996). Teatre Nacional de Catalunya (“La barca nova”, 1999; “Cavallitus”, 2001). Nove-Dous Teatro do Carballiño, Ourense (“Rexurdimento. Coplas de cego”, 2000). Teatre Malic de Barcelona (“Macbeth”, 2002). Històrica Produccions S.L. de Barcelona e Casa Museu Verdaguer do Concello de Barcelona (“Paraules i records de Mossèn Cinto”, 2002). Històrica Produccions S.L. de Barcelona e Museu Militar-Castell de Montjuïc (“¿Tiene fantasmas este castillo?”, 2002). Teatre Lliure de Barcelona (“Assaig Obert: L’estranger [de Albert Camus]. El desassossec.[sobre Fernando Pessoa]. Wittgenstein [sobre Ludwig Wittgenstein]. Warholand [sobre Andy Warhol]”, 2003; “Porno”, 2004). Producciones Bles S.L. de Madrid e Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia (“Rosalía 21”, Teatro Mella de La Habana, 23/02/2008).
Dirixe desde 1988 a Asociación Cultural A PIPA de Becerreá que promove, entre outras actividades, as Noites Poéticas, polas que pasaron: Uxío Novoneyra (1996), Manuel María (1997), Helena Villar Janeiro (1998), María Xosé Queizán (1998), María do Carme Kruckenberg (1999 e 2000), Chus Pato (2000), Marica Campo (2001), Xesús Rábade Paredes (2002), María do Cebreiro (2002), Cristal Méndez Queizán (2003), Bernardino Graña (2004), Darío Xohán Cabana (2005), Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas (2006), Manuel Lourenzo (2007), María Xosé Queizán (2008) e Manuel Rivas (2008).
No eido da pedagoxía teatral exerceu a docencia na Escola d’Expressió Carme Aymerich do Concello de Barcelona (curso 2001), na Escola d’Adults de la Barceloneta, da Generalitat de Catalunya (do curso 1997 ao 2000), no Centre Cívic Torre Llobeta do concello de Barcelona (curso 2000/2001) e no Colexio Salesián Sant Doménec Savio de Terrassa (do curso 2000 ao 2007).

 Obras realizadas

LIBROS E OBRAS DE CREACIÓN PUBLICADAS:
2008. Burning Bright. Infoxove nº 32. Edita Xunta de Galicia.
2007. Unha Rosa entre as Pernas “Casahamlet. Revista de Teatro" Deput. da Coruña.
2008. Crio-Xénese. Editorial Laiovento. Santiago de Compostela, 2007. Finalista na modalidade de Teatro dos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega.
2006. Rexurdimento. Visións dun cego. “Revista Galega de Teatro” Nº 46. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas (Pontevedra).
2002. Agnus Patris. Edicións Xerais de Galicia. Vigo. Premio Álvaro Cunqueiro de textos teatrais da Xunta de Galicia.

LIBROS E OBRAS DE ENSAIO PUBLICADAS:
Dramaturxia. Teoría e práctica. Editorial Galaxia. Vigo, 2007. Finalista do premio “Leandro Fernández de Moratín” de Estudos Teatrais 2007 da ADE (Asociación de Directores de Escena de España).
O ritmo na Dramaturxia. Teoría e práctica da análise rítmica. Edita Biblioteca - Arquivo Teatral “Francisco Pillado Mayor” da Universidade da Coruña. A Coruña, 2005.

OBRA COLECTIVA PUBLICADA:
Labras do Oficio. Xesús Rábade Paredes Ante 33 Miradas, Edita Fundación Manuel María. Asociación Xermolos. Lugo, 2008 “Do bico da chaira”.
Literatura Dramática. Unha Introdución Histórica, coordinado por Manuel F. Vieites. Edit. Galaxia, Vigo, 2007. “As primeiras vangardas artísticas e a súa expresión dramática” e “Tendencias na dramaturxia da segunda metade do século XX”.
Bernardino Graña. Homenaxe no 75 Aniversario, editado por Héitor Mera. Edicións Xerais, Vigo, 2007. “A literatura dramática de Bernardino Graña. Enigmas e sinfarainadas”.
Cento vinte e cinco anos de Teatro en Galego, coordinado por Manuel F. Vieites. Edit. Galaxia, Vigo, 2007. “A dramaturxia nos tempos da ditadura”.
Manuel Lugrís Freire. Do texto ao escenario, editado por Manuel F. Vieites. Edit. Galaxia, Vigo, 2006. “Os piares da dramaturxia a través do teatro de Manuel Lugrís Freire”.

TRADUCIÓNS PUBLICADAS:
Oasis, de Carles Batlle. (Tradución do catalán ao galego). “Revista Galega de Teatro”, Nº 55, verán 2008. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
O show de Kinsey, de Jesús Díez. XXXII Premi Born de Teatre 2007. (Tradución do catalán ao galego). “Revista Galega de Teatro”, Nº 54, primavera 2008. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
Origami, de Carlos Be. XXXI Premi Born de Teatre 2006. (Tradución do catalán ao galego). “Revista Galega de Teatro”, Nº 50, primavera 2007. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.

ARTIGOS E PRÓLOGOS PUBLICADOS:
“Rosalía despide aos amantes de Shakespeare. ‘Cantan os galos pra o día’ en Romeo e Xulieta”, en “Revista de estudos rosalianos”, Nº 3 do ano 2008, editada polo Centro de Estudos Rosalianos da Fundación Rosalía de Castro.
“Puntos de referencia na linguaxe escénica actual”, en “Revista Galega de Teatro”, Nº 55, verán 2008. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“Oasis, un xogo de espellismos e correntes subterráneas” (prólogo á obra “Oasis”, de Carles Batlle), en “Revista Galega de Teatro”, Nº 55, verán 2008. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“O vodevil da robaliza desgraciada” (prólogo á obra “O show de Kinsey”, de Jesús Díez), en “Revista Galega de Teatro”, Nº 54, primavera 2008. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“Lagarce. Dramaturxia no mito do eterno retorno”, en “Revista Galega de Teatro”, Nº 53, inverno 2007. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“Dramaturxias do corpo en Pé de Pedra” e “Conversa con Guillermo Heras e Iberescena” en “Revista Galega de Teatro”, Nº 52, outono 2007. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“En pé de pedra: outros xeitos de ver”, en revista “Tempos Novos. Revista mensual de información para o debate”, Nº 122, xullo 2007. Edita Atlántica de Información e Comunicación de Galicia S.A., Santiago de Compostela.
“A dramaturxia do escándalo de Alfred Jarry”, en “Revista Galega de Teatro”, Nº 51, verán 2007. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“Escenario e Universidade. Filoloxía e Arte Dramática” e “O efectismo da renuncia ao efectismo” (prólogo á obra Origami, de Carlos Be), en “Revista Galega de Teatro”, Nº 50, primavera 2007. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“A violencia no teatro: Antonin Artaud e Sarah Kane”, en revista “Festa da Palabra Silenciada. Publicación Galega Feminista. Galicia 2007”, Nº 23. Edita FIGA (Feministas Independentes Galegas) e Concellaría da Muller do Concello de Vigo.
“O amor enriba e debaixo do escenario”, en “Casahamlet. Revista de Teatro”, Nº 9, maio 2007. Deputación da Coruña.
“Bertolt Brecht ou o paradoxo do dramaturgo”, en “Revista Galega de Teatro”, Nº 49, inverno 2006. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“Dramaturgia y teatro gallego de posguerra”, en revista “Ade Teatro”, Nº 112, outubro 2006. Asociación de Directores de Escena de España, Madrid.
“A eleutheria dramatúrxica de Beckett”, en “Revista Galega de Teatro”, Nº 48, outono 2006. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“Ibsen”, en “Revista Galega de Teatro”, Nº47, verán 2006. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“As mulleres de Brecht”, en revista “Festa da Palabra Silenciada. Publicación Galega Feminista. Galicia 2006”, Nº 22. Edita Figa (Feministas Independentes Galegas) e Concellaría da Muller do Concello de Vigo.
“Terra de illas flotantes. Viaxe por diversas tradicións e propostas escénicas”, en “Revista Galega de Teatro”, Nº 43, verán 2005. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“Novidades da XIII edición da Escola Internacional de Antropoloxía Teatral”, en “Revista Galega de Teatro”, Nº 41, inverno 2004. A.C. “Entre Bambalinas”, Cangas, Pontevedra.
“As dúas mans na cabeleira de pedra”. Prólogo ao libro de poesía Cabeleira de Pedra de Xesús Rábade Paredes e Helena Villar Janeiro. Editorial Compostela S.A. e Concellaría de Cultura do Concello de Santiago de Compostela.
“Cabalgada dos tesos cumes. A presenza escénica de Uxío Novoneyra” e “Pranto por Uxío Novoneyra”, en revista de poesía e ensaio “Amastra-N-Gallar”, dirixida por Emilio Araúxo. Núm. 7. Verán 2004.
“¡Á luz das sombras do barroco!”. Diario “La Voz de Galicia”. 18 de setembro 2002.
“O galego é unha aguia que imita aos morcegos”, en “Revista das Letras”, nº 419 do diario “O Correo Galego”, 23/05/02.
“Sen máis avío que o ío ío do río”. Diario “La Voz de Galicia”, 31/10/1999 e Diario “El Progreso”, 31/10/1999.
“A banda de música comarcal”. Diario “El Progreso”, 23/06/1993.
“A Pipa, expresión dun pobo”. Diario “El Progreso”, 20/06/1992.
“O máis xenuíno do San Xoán”. Diario “El Progreso”, 23/06/1991.
“A Pipa, teatro e revista de Becerreá”. Diario “El Progreso”, 4/01/1991.
“Galanura de festa”. Diario “El Progreso”, 22/06/1990.

 Outros datos de interese

Premio Álvaro Cunqueiro de Teatro 2001 da Xunta de Galicia. Premio Francisco Fernández del Riego de Poesía para novos autores, da Consellería de Familia, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia (edicións de 1994, 1996 e 1998).
Beca de Excelencia Académica da Fundación Caixa Galicia para estudos de Posgrao (2002). Axuda económica da Deputación Provincial de Lugo para estudos de Doutoramento (2004).