Ramón Piñeiro López


Categoría: Galeguista, filósofo e activista político-cultural
Data de Nacemento: 31 de julio de 1915 (†agosto de 1990)
Lugar de Nacemento: Armeá-Láncara (Lugo)

Enlace
 Currículum

Estudia o bacharelato en Lugo e despois regresa a Armeá, onde permanece ata 1930. A lectura de El Pueblo Gallego desperta en el un gran interese polo movemento político e cultural de Galicia.

En 1932 regresa a Lugo e relacionase con mozos galeguistas lucenses.

En 1933 asiste ás Asambleas do Partido Galleguista, celebrada en Santiago e coñece a Castelao, Alexandre Bóveda e outros.

En 1936 é elixido secretario do Comité Provincial para o plebiscito del Estatuto de Autonomía. Co comezo da Guerra Civil presentáronse varias denuncias contra el, pero a sorte e a axuda dalgunhas persoas fixeron que non fose detido. Logo incorporouse a filas. Acabada a Guerra, comeza os seus estudios universitarios en Santiago.

En 1943 participa clandestinamente na reorganización do galeguismo e viaxa a París, onde permanece exiliado o goberno republicano. Ó volver de París é detido en Madrid e condenado a 6 años de cárcere.

En 1950 fundou en Santiago a editorial Galaxia da que Ramón Piñeiro sería o director.

En 1967 ingresa na Real Academia Galega co importante discurso A ligoaxe i as lingoas.

En 1983 convertese no primeiro Presidente da Cultura Galega.

 Obras realizadas

Nos anos 50 publica varios ensaios como Significado metafísico da Saudade (1951), A saudade en Rosalía (1952), Para unha filosofía de saudade (1953).

En 1984 estas obras foron integradas con A Filosofía e o Home e Saudade e Sociedade nun so volume baixo o título A Filosofía da Saudade. Invitado por diversas universidades participa en congresos, coloquios e conferencias.

En 1951 traduce ó galego con Celestino Fernández de la Vega, o Cancioneiro da Poesía Céltica de Julius Pokorny.

En 1956 publican en Galaxia a conferencia Von Wessen der Wahrkeit de Martin Heidegger baixo o título galego Da esencia da verdade.