Estudiou o Bacharelato en Lugo y empezou a escribir poesías. Logo trasladouse a Madrid e comezou a estudiar Filosofía e Letras como oínte. En 1951 regresa a Galicia e inicia a súa producción poética en galego. En 1962 volve a Madrid e traballa en programas de radio e television. Casou en 1973 con Elva Rey, coa que tivo tres fillos.
En 1955 publicou o seu primeiro libro de poemas titulado Os eidos, prologado por Ramón Piñeiro e posteriormente Elegías del Caurel y otros poemas (1966), Os eidos 2 (1974) con debuxos de Laxeiro e Poemas caligráficos (1979), prologado por Raimundo Patiño.En 1981 editouse na colección Grandes mestres de Xerais Os Eidos, que recolle os poemas de Os Eidos e Os Eidos 2. Posteriormente escribiu Muller pra lonxe (1986), Do Courel a Compostela , 1956-1986 (1988), Tempo de elexía (1991), Poemas da doada certeza i estrebillo premido entre as pálpebras (1994), Cemelio xaponés (1995) e Libro de Rotas/Ámeto mítico (póstumo).Destacan ademais os contos O cubil de Xabarín (1991) e Gorgorín e Cabezón (1992).