Agustín Hernández Fernández de Rojas


Categoría: Política
Data de Nacemento: En 1961
 Currículum

É enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos pola Universidade Politécnica de Madrid, na especialidade de Cimentos e Estruturas. É funcionario do Corpo Facultativo Superior da Xunta de Galicia e posúe o diploma de directivo da Escola Galega de Administración Pública.

1987: Desempeñou diversas funcións técnicas na empresa CUBERTAS E MZOV S.A. como enxeñeiro de Camiños, Canles e Portos e como subxefe do departamento nº 3 en Pontevedra.

1992: Enxeñeiro en funcións facultativas na Xunta de Galicia, contratado laboral.

1994: Xefe de servizo de construción da Subdirección Xeral de Infraestruturas Hidráulicas da Xunta de Galicia e subdirector xeral de Infraestruturas Hidráulicas.

1996: Xefe do departamento de Xestión do Dominio Público Hidráulico do organismo autónomo Augas de Galicia.

1998: Director xeral de Obras Públicas da Xunta.

2005: Director de construción de Sercoysa Proyectos y Obras, S. A.

2006: Director de desenvolvemento do Grupo Puentes.

2008: Director de infraestruturas da Deputación de Pontevedra.

Desde marzo de 2009 a xuño de 2014 foi conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, cargo que deixou para acceder á alcaldía de Santiago de Compostela.