Emilio Durán Corsanego


Categoría: Mestre e notario
Data de Nacemento: 14 de febreiro de 1923
Lugar de Nacemento: A Coruña
 Currículum

Tras finalizar os seus estudios primarios e secundarios, chegou a ser mestre nacional de Primeira Ensinanza na Escola Normal da Coruña e profesor mercantil na Escola de Altos Estudios Mercantís da Coruña. En 1946 licenciouse en Dereito pola Universidade Literaria de Santiago e dous anos máis tarde ingresou no Notariado, servindo sucesivamente en Ayorbe (Huesca), Pontes de García Rodríguez, Cartaxena, Vigo, Bilbao e Madrid. En 1949 comezou a traballar como rexistrador da propiedade en Sedano (Burgos), Ponte Caldelas, A Coruña, Palma de Mallorca e Madrid. En 1982 foi deputado a Cortes pola Coruña na segunda lexislatura (Asuntos Exteriores, Xustiza e Interior) e catro anos máis tarde deputado ó Parlamento Europeo (Desenvolvemento e Cooperación). No ano 2003, ós oitenta anos de idade, doutorouse en Dereito aprobando a súa tese con sobresaliente cum laude.

 Obras realizadas

Publicou Semblanzas personales de Notarios y Registradores de la Propiedad en “Gaceta de los Notarios” e “Pausa”, traballos no Boletín do Colexio Nacional de Rexistradores da Propiedade e artigos en prensa sobre temas de Hispano América, Lingua Galega, Apóstolo Santiago, etc.

 Outros datos de interese

Casado con Lucía de la Colina Unda, ten oito fillos e vinte netos. Ten como afeccións a práctica de deporte (fútbol, tenis, hockei sobre herba, natación, vela, golf e baloncesto), música, viaxes e a historia de Galicia.