Guadalupe Blanco Vázquez


Categoría: Regueifeira
Data de Nacemento: En 1980
Lugar de Nacemento: Coristanco (A Coruña)
 Currículum

Pandereteira dende os sete anos, entra no mundo da regueifa recordando ó seu bisavó Blanco de Muiñoseco, considerado o "padriño" da regueifa en Bergantiños. Crea a súa páxina nas redes sociais "Regueifandopolavida" e colle un mérito notorio en toda Galicia, tanto é así que colabora dende 0 2016 cunha regueifa semanal en Radio Voz Bergantiños e publica no dominical da Voz de Galicia edición Carballo. No 2017 veu a dar os pregóns do día da muiñeira (Carballo) Noite no Medievo (Rioboo, Cabana) e Festa da Pataca (Coristanco) todos eles a modo de regueifa. Colabora cos proxectos Regueifesta e Enreguéifate como formadora en obradoiros no ámbito educativo, e forma a primeira "Escola de regueifa" no Concello de Carballo.

Sae fóra de Galicia con actuacións no País Vasco, no Centro Galego de Laudio e Gipúzcoa, en Málaga no Festival de cante de poetas, ou en Cuba no Congreso iberoamericano de la décima y el verso improvisado.

Nas súas intervencións destacadas están:

. Gala do Patrimonio (Cangas 2017)

. Carballeira de Zas (2019)

. Presentación do Diario Nós (Compostela 2019)

. Festival "Alguén que Respira" (Teatro principal Compostela 2020)

. Presentación Gala ARitmar Galiza e Portugal (Auditorio de Galicia 2021)

. Certame Internacional de improvisación (Valladares, Vigo)

. Congreso estatal de EPA (Cidade da Cultura 2022)

. Catas de Galicia (2022 e 2024)

. Presentación dos premios Martín Códax da música (2025)

No pasado mes de Xaneiro acada o primeiro premio dos "Premios Galegos da Regueifa" por terceiro ano consecutivo, organizados pola Voz De Galicia, e actualmente está considerada a mellor regueifeira de Galicia pola conservación das tonadas características de Bergantiños.